viernes, 16 de julio de 2010

Inscripción abierta en el programa de actividades para asociaciones de mujeres de la Xunta de Galicia

Dossieres

O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O 31 DE XULLO DE 2010
ADIANTE, Programa de Actividades para Mulleres
[02/07/2010] Adiante, o Programa de Actividades para Mulleres 2010 da Secretaría Xeral da Igualdade, nace co obxectivo de dinamizar o movemento asociativo feminino e contribuír así á mellora da calidade de vida das mulleres galegas, promovendo o coñecemento e a súa participación nos diferentes ámbitos. O prazo para inscribirse ás actividades que ofrece remata o 31 de xullo e o formulario para a inscrición pode descargarse aquí.

Este programa non supón a renuncia aos intereses, preferencias e autonomía das asociacións, que inclúen evidentemente actividades de carácter lúdico e de lecer que cumpren un rol esencial no fomento da participación e na prevención do illamento, senón que pretende ademais incluír novos obxectivos e actuacións que reforcen o papel igualitario que as mulleres deben acadar na nosa sociedade.

Incorpora tamén factores que favorecen os hábitos de vida saudables, a inclusión do exercicio físico na actividade cotiá, a promoción da nosa cultura e da formación, o achegamento ás tecnoloxías da información e da comunicación e, por suposto, a solidariedade, a amizade e o partillamento do lecer e do tempo libre en proxectos interesantes e atractivos.

A Secretaría Xeral da Igualdade quere ofrecer alternativas ás necesidades das asociacións de mulleres que axuden a conseguir os seguintes obxectivos:
Reforzar a súa actividade e apoiar a súa consolidación.
Promover unha cultura da participación das mulleres como necesidade básica da nosa sociedade.
Recoñecer o decisivo papel das asociacións de mulleres como aliadas esenciais das administracións públicas no desenvolvemento das actuacións que nos melloren como sociedade democrática.

Adiante nace coa vontade de consolidar a transformación das asociacións de mulleres, entidades que proporcionaban lugares para o encontro e o lecer recreativo, en organizacións que melloran o seu contorno a través da participación social activa das súas asociadas.

Este programa na presente edición ofrece as seguintes actividades:
Saúde e lecer
Outono nas Termas
Este programa consiste no desfrute de 24 horas de coidado nun dos balnearios da nosa comunidade autónoma que participa no programa. Complétase ademais coa realización de actividades informativas sobre hábitos de vida saudable, autocoidado, importancia da auga no noso benestar e saúde, etc. O programa está cofinanciado nun 50% pola Xunta de Galicia.
Deporte e lecer
Peregrina
Este programa está dirixido a promover a actividade física entre as mulleres e dar a coñecer os beneficios do exercicio físico cotián na vida das persoas de calquera idade. Realizarase o último tramo do Camiño de Santiago, desde o Monte do Gozo ata a Catedral de Santiago, a pé, e completarase a actividade cun obradoiro formativo previo.
Cultura e lecer
Coñéceas
Coñéceas pretende achegar as mulleres á vida e obra das dúas escritoras galegas máis importantes e afamadas da historia, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán, visitando as súas casas-museo e o contorno no que viviron e escribiron a súa obra.
A visita realizarase en compañía dunha persoa experta na vida e obra da autora elixida.
Emprendemento e lecer
Emegactiva
Este programa ten por obxectivo favorecer a capacidade creativa e emprendedora das mulleres galegas, a través do coñecemento in situ de iniciativas de emprendemento feminino que están a desenvolverse en Galicia. Consiste na visita a diversas empresas galegas promovidas por mulleres nas que as emprendedoras contarán, en primeira persoa, a súa experiencia tanto na posta en marcha como no desenvolvemento da súa empresa.

XuntadeGalícia

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog