martes, 7 de mayo de 2024

ASCM Galicia organiza unhas xornadas sobre diversidade funcional e un desfile de moda inclusiva en colaboración co alumnado do Campus Industrial de Ferrol





Ferrol, 3 de maio de 2024. Baixo o nome de MODA-B, a Asociación Sociocultural ASCM Galicia organiza, os días 8 e 9 de maio, no Campus Industrial de Ferrol, unhas xornadas sobre diversidade funcional e un desfile de moda inclusiva en colaboración cun grupo de alumnas do Grao en Xestión Industrial da Moda e do Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto, titulacións que se imparten na Facultade de Humanidades e Documentación e na Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) da Universidade da Coruña, respectivamente.

 Nesta iniciativa, que pretende concienciar ao conxunto da sociedade das necesidades de adaptación da moda derivada das circunstancias psicomotrices das persoas con diversidade funcional, participa tamén o alumnado do Ciclo Medio de Estética e Beleza e do Ciclo Medio de Peiteado e Cosmética do IES Ricardo Carvalho Calero de Ferrol, a Asociación Cáritas Diocesana Mondoñedo-Ferrol e a Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica (Affinor), así como varios establecementos ou marcas de moda como son Free Form Style, Koke´s, Kenia, Charamela, Wabes ou Savalé.

A presidenta da Asociación ASCM Galicia, Paula Gárate, e o coordinador do Grao en Xestión Industrial da Moda, o profesor da Universidade da Coruña Manuel Escourido, foron os encargados de supervisar tanto a organización da xornada sobre diversidade funcional como o desfile de moda inclusiva. No que atinxe á xornada, esta terá lugar o mércores 8 de maio, a partires das 16:00 horas, no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol. A primeira intervención correrá a cargo da alumna do Grao en Xestión Industrial da Moda, Aitana Rodríguez. Tamén participarán as persoas usuarias de ASCM Galicia e de Affinor, Gonzalo Sueiras e María Elena López, quen compartirán as súas experiencias como consumidores de moda adaptada.

Pola súa banda, a profesora do IES Ricardo Carvahlo Calero de Ferrol, Lucía Formoso, afondará na utilidade da maquillaxe correctora e a camuflaxe das imperfeccións, e o dermatólogo do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF), Benigno Monteagudo, sobre a hixiene e o coidado da pel desde o punto de vista sanitario. Acto seguido falará a profesora da Facultade de Enfermaría e Podoloxía da Universidade da Coruña e podóloga colexiada, Fátima Santalla, quen explicará con detalle as necesidades de adaptación do calzado para as persoas con mobilidade reducida. A última das intervencións da xornada virá da man da socia fundadora da primeira marca de moda inclusiva de España, Free Form Style, Marina Vergés.

Ao día seguinte, o xoves 9 de maio, ás 18:00 horas, terá lugar, na praza da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol, o desfile universal de moda “Beautiful – Yet” no que participarán persoas usuarias da Asociación Sociocultural ASCM Galicia.

Foto: de esquerda a dereita, a presidenta da Asociación Sociocultural ASCM, Paula Gárate; o coordinador do Grao en Xestión Industrial da Moda, Manuel Escourido; e as alumnas desta mesma titulación, Ailin Lecea e Alejandra Varela, diante da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol. Tamén integran o equipo de traballo da Universidade da Coruña as alumnas do grao en Xestión Industrial da Moda, Aitana Rodríguez, Alba Morán, Candela Giz, Clara Souto, Lucía Sánchez, Nerea Francos, Noemi González e Sofía Muíños, así como a estudante do grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto, Natalia Somoza.


Fonte: UDC


Repercusións:


El Español: 



Diario de Ferrol:



jueves, 2 de mayo de 2024

“Con premeditación e alevosía” del grupo de Teatro ASCM regresa a escena

La actuación será el próximo viernes 3 de mayo coincidiendo con la conmemoración del día nacional de las personas con discapacidad.



El grupo de Teatro de la Asociación Sociocultural ASCM retoma los escenarios este viernes 3 de mayo a las 18.30 en el local social de la Asociación vecinal San Pablo – Catabois.

“Con premeditación e alevosía” es una de sus primera obras inéditas del grupo de teatro ASCM, nace bajo la dirección de Paco Sanesteban en el año 2008, apenas dos años después de la creación del grupo. En la actualidad la obra sufre una serie de nuevas adaptaciones de la mano de Eugenia Sanmartín.

La obra trata las relaciones sociales entre personas cercanas y los problemas de una mala comunicación. Esta comedia se basa en la confrontación entre dos vecinas que termina en los tribunales por culpa de un sacho.

Continuarán sus representaciones el viernes 24 de mayo a las 17.30 en el Centro Comunitario del Concello de Narón Manuela Pérez Sequeiros, participarán en el  XXV Certamen de Teatro Escolar y Aficionado, organizado por el IES Rosalía de Mera el sábado 25 de mayo a las 16:30, y actuarán también en la AVV Santa Comba de Covas gracias al programa Ferrol a Escena, fecha pendiente de confirmar. El acceso a todas estas representaciones es gratuito y su entrada estará condicionada al aforo de cada lugar.


El grupo Teatro ASCM nace en el 2006 para trasladar a la sociedad un mensaje importante en materia de concienciación y sensibilización social a favor de la cultura inclusiva.


Para cualquier cuestión relacionada con el grupo de Teatro pueden ponerse en contacto a través de los canales habituales de la ASCM: teléfono 981 35 14 30, WhatsApp: 604 055 703, o por mail a info@ascmgalicia.org

Buscar este blog