lunes, 17 de julio de 2023

A Gándara comenza as súas festas con un Entroido de Verán

 Unha iniciativa inclusiva organizada pola Asociación Sociocultural ASCM



O próximo luns 24 de Xullo organizase un Entroido de Verán na praza da Gándara que complementará o inicio das festas patronais que terán lugar esa mesma semana.

O Entroido de verán repartirá 300€ entre as persoas gañadoras do concurso de disfraces que se apunten antes do día 24 as 13.30 horas, a través do QR que aparece no cartel ou contactando directamente coa ASCM.

O xurado do concurso estará composto por un representante das comparsas colaboradoras, un membro da Comisión de festas de A Gándara 2023 e por parte do Concello de Narón, a concelleira de Festas, Mar Gómez.

A programación prevista é a seguinte:

  • 16:30 Inicio Actividades
  • 17:00 A 18:30 Xogos Acuáticos
  • 18:30 Concentración de disfraces
  • 19:00 A 20:00 Pasarrúas polo barrio
  • 20:30 Entrega de Premios
  • 20:30 A 21:30 Remate Musical

A actividade proposta pola ASCM xorde para favorecer a participación en actividades adaptadas a xente máis nova dende unha perspectiva interxeracional e inclusiva, que fomente a cultura creativa a través de disciplinas como a música ou o baile.

Nesta proposta colaboran conxuntamente a Comisión de Festas de A Gándara 2023, as comparsas Argalleiros, Parrandolos e Os Colludos, ademáis conta co apoio do Concello de Narón e a financiación da Xunta de Galicia a través do programa de Iniciativa Xove.

Para más información pode poñerse en contacto a través dos canais habituais da entidad: WhatsApp: 604 055 703, mail info@ascmgalicia.org ou no teléfono 981 38 53 66.

QR de inscripción:



jueves, 13 de julio de 2023

A Deputación da Coruña financia a ASCM Ferrolterra, SL a mellora de equipamento 

Hoxe sae a resolución da convocatoria de subvencións correspondentes ao programa FOIE: convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o investimento de servizos sociais no ano 2023 da Deputación da Coruña, que financia un 80% o proxecto de mellora de equipamento do centro especial de emprego ASCM Ferrolterra, SL recibindo a cantidade de 2.546,38 €.

Buscar este blog