lunes, 16 de julio de 2012

Xornada demostradora de oportunidades na accesibilidade con Software Libre




O programa Voluntariado Dixital, en colaboración co Centro Demostrador TIC e a oficina de software libre da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Amtega, da Xunta de Galicia, acollerá o vindeiro 19 de xullo en horario de 10:00 a 14:00 horas unha “Xornada demostradora de oportunidades na accesibilidade con Software Libre” co obxectivo de facer un percorrido por solucións tecnolóxicas de accesibilidade con licencia libre dirixidas a facilitar o uso das novas tecnoloxías a persas con discapacidade e persoas maiores.

Durante a xornada diversos poñentes amosarán ferramentas tecnolóxicas libres orientadas a romper barreiras no uso da tecnoloxía por parte de persoas con diversidade funcional e deste xeito contribuír a mellorar a súa calidade de vida. Profesionais do ámbito da educación e o apoio asistencial compartirán a súa experiencia no uso deste tipo de ferramentas.



CURSO: Uso seguro das TIC por parte dos menores





Dentro do Plan de Formación 2012 da Axencia de Modernización Tecnolóxcia de Galicia,Amtega, presentamosvos o curso EDUCA_TIC para o USO SEGURO DAS TIC POR PARTE DOS MENORES, dirixida tanto aos Axentes TIC e responsables da Rede CeMIT como aos voluntari@s dixitais do ámbito de influencia de cada unha das aulas, e que terá  lugar na terceira semana de xullo ( do 16 ao 20).

Este curso, que se desenvolverá en sesións de tarde de 16:00 a 20:00 horas e con titorización libre a través da plataforma moodle, ten entre os seus obxectivos a análise da man de expertos en seguridade do contexto actual en Galicia e do diagnóstico da situación na que están os menores galegos no que respecta a hábitos de uso do TIC, así como os coñecementos sobre a seguridade da información e as ferramentas utilizadas.

jueves, 12 de julio de 2012

Celebración día do discapacitado ASCM na FIMO 2012

Varias fotos do acto que tivemos pola maña da celebración do día do discapacitado na FIMO 2012, no que asistiron o alcalde de Ferrol J.M. Rey, a concelleira Verónica Casal, Miguel de Santiago en representación da Diputación da Coruña, o presidente da FIMO Xoan Gato e representates do Partido Popular de Narón.


















martes, 10 de julio de 2012

Inauguración de la 50 Feria Internacional de Muestras de Ferrol


Algunas fotos de la inauguración de la 50 Feria Internacional de Muestras de Ferrol. El Jueves 12 de Julio por la mañana se celebrará el día del discapacitado en FIMO con entrada gratuita para miembros de la ASCM y acompañantes, contamos con vuestra presencia. Como siempre gracias y un saludo.






viernes, 6 de julio de 2012

Buscar este blog