viernes, 28 de septiembre de 2018

Patrocinios para SporTod@s

Nuestra carrera inclusiva de colores SporTod@s es posible gracias a la colaboración desinteresada de entidades, instituciones y empresas que han apostado por ella y a las que les queremos agradecer su participación, sin la que no hubiese sido posible llevar a cabo esta convocatoria.

Gracias a:
Programa Iniciativa Xove de la Xunta de Galicia
Concello de Ferrol
Psicotécnico Abrente
A Tenda de Sara
Calzados Mara
Unnigraf
Floristería Sedes
Novalux
Gadis
DGT
McDonald's
Voz de Galicia y Radio Voz
Club Natación Cedeira
Bermejo Blanco. Correduría de Seguros

lunes, 24 de septiembre de 2018

Asinamos co Concello de Ferrol o convenio anual

O día 21 de setembro, asinamos co Alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, e a concelleira de Benestar, Saínza Ruiz, o convenio de colaboración anual por importe de 18.000€

viernes, 21 de septiembre de 2018

Inscripción na carreira de cor inclusiva SporTod@s

Desde calquera destes enlaces  https://goo.gl/forms/HTXIWfPY0HT14t0R2
https://www.avaibooksports.com/inscripcion/index.php?id=7651&lang=es
podes formalizar a túa inscrición na Carreira de Cor Inclusiva SporTod@s que organiza a Asociación Sociocultural ASCM. Esperámoste o vindeiro día 29 de setembro ás 17:30 horas en A Malata (Ferrol).
Calquera dúbida, podes chamar ao 981 35 14 30
Podes ver os detalles desta convocatoria aquí

viernes, 7 de septiembre de 2018

Carreira de Cor Inclusiva Sportod@s. Inscrición aberta ata o 24 de setembro


Xa está aberta a inscrición á nosa carreira inclusiva de cor, #SporTod@s. Podedes formalizala no seguinte enlace: https://goo.gl/forms/32DGldlFT0PYqyHO2
O prazo está aberto ata o día 24 de setembro.


A Asociación Sociocultural ASCM celebrará o sábado, día 29 de setembro, en Ferrol a I Carrera Inclusiva de Cor SporTod@s. Trátase do que se denomina una “Holi Run”, un evento eminentemente festivo no que os participantes percorrerán un circuito non cronometrado ao longo do cal serán espolvoreados con distintas cores por voluntarios da organización. O traxecto realizarase en A Malata na contorna do recinto feiral de Ferrol a partir das 17:30 horas.
A carreira pretende ser unha iniciativa inclusiva e polo tanto non se establecerán limitacións de participación de ningún tipo, poidendo inscribirse persoas de todas as idades e condicións que, se o desexan poderán ir acompañados tamén polas súas mascotas, ás que, por suposto, se lles asignará tamén un dorsal.
A inscripción poderá formalizarse dende o luns día 10 nas oficinas da ASCM en Ferrol (R/ San Roque e Ánimas, Bloque, 2 – Baixos 18-19 – Frente ó polideportivo de Esteiro). Os interesados poderán solicitar todo tipo de información ó respecto chamando ó teléfono 981 35 14 30 ou a través do mail ascm.ferrol@ascmferrol.com

CUOTAS
A cuota de inscrición é de 10€, se ben, por tratarse dunha actividade respaldada polo programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia, para os mozos e mozas entre 16 e 30 anos, e mozos e mozas con discapacidade entre 16 e 40 anos, a inscrición é de balde, como tamén o é para os nenos e nenas entre 0 e 3 anos. Entre 4 e 15 anos, a cuota será de 3€. Os que se inscriban en grupos de cando menos  8 membros, pagarán 8€ por persoa. A cuota de inscrición de mascotas será de 1€.
Aconséllase aos participantes acudir con camiseta blanca e dispostos a pasar unha tarde máis que divertida.

XORNADA INCLUSIVA E DE PROMOCIÓN DO DEPORTE ADAPTADO


Esta carreira de cores será o punto final a unha xornada de sábado pensada para promover a inclusión social do colectivo de persoas con diversidade funcional, e favorecer os hábitos de vida saudables. Dende as 11:00 da mañá e ata as 13:30 horas, o aparcadoiro de caravanas de A Malata serviranos de espazo para que os que o desexen coñezan de preto, e incluso practiquen, toda unha variedade de deportes adaptados: boccia, slalom, baloncesto en cadeira de rodas, etc. e poidan poñerse no lugar das persoas con diversidade funcional. É un paso máis no obxectivo que a ASCM fixouse dende os seus inicios para favorecer a visibilidade do colectivo de persoas con diversidade funcional e favorecer a súa inclusión social.

Buscar este blog