viernes, 20 de septiembre de 2019

O universo friki chega o sábado, 28 de setembro, a Xubia da man da ASCM


  • A "Xornada Geek" achegará o universo do videoxogo e a muller con discapacidade ás persoas participantes.
                                Cartaz oficial da "Xornada Geek".
A Asociación Sociocultural ASCM, dentro do programa "Iniciativa Xove" financiado pola Consellería de Política Social e Benestar da Xunta de Galicia, celebrará o sábado 28 ás 16.30 h., na A.A.V.V Altea de Xubia, a "Xornada Geek". Esta iniciativa, que pretende achegar, á sociedade, o universo das novas tecnoloxías e o videoxogos accesibles, contará con diversas actividades; convidando á participación e implicación das persoas asistentes.


 A xornada comezará, ás 16.30 h. no local da Asociación de Veciños Altea, cunha charla sobre a historia do videoxogo e a perspectiva de xénero na industria; a cargo do coordinador do máster de Programación e Videoxogos da UDC, Antonio Seoane, e a alumna e colaboradora do xornal “El Ideal Gallego”, Victoria Díaz. A continuación terá lugar a andaina temática, “The Walking Freak”, polo Paseo de Xubia onde a temática friki e as diversas capacidades compartirán espazo; fomentando a participación dos máis novos. O roteiro é de participación libre e de balde. As persoas interesadas poderá traer a súa “indumentaria máis friki” e sumarse ao percorrido. O acto rematará, no local da Asociación de Veciños, cun pequeño ágape, “food freak”, para recargar pilas despois da caminata. 


Con esta xornada, a ASCM, pon punto e final ás actividades temáticas “XMULLER=. Súmate e completa e a ecuación”, financiadas pola Xunta de Galicia no marco do Programa Iniciativa Xove. O obxectivo destas xornadas é o de achegar a realidade da muller con discapacidade ás persoas máis novas; trasladando a importancia de construír unha sociedade máis inclusiva.


Para máis información sobre estas actividades, as persoas interesadas, poderán resolver as súas dúbidas no teléfono 981 35 14 30 ou no correo electrónico comunicacionascm@gmail.com. Se prefieren solicitar información de xeito presencial, poderán facelo nas oficinas de San Roque e Ánimas Bajos 18-19, Bloque 2, en horario de 9.30 a 13.30 e de 16.00 a 20.00 h.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog