- A Asociación Sociocultural ASCM participou, esta mañá, no Campus de Ferrol da Xornada de Benvida organizada pola UDC ao alumnado.
Equipo de voluntariado da ASCM no campus. |
A Vicerreitora, Araceli Torres, no "Senta e Sente" |
A equipa de voluntariado inclusivo da Asociación Sociocultural ASCM cheou, esta mañá o Campus Universitario de Esteiro, de cadeiras de rodas para sensibilizar e concienciar aos futuros profesionais da necesidade de pensar na accesibilidade universal, nos diferentes eidos da vida. Esta iniciativa forma parte do proxecto, da entidade, "Xente!! Senta e Sente", que recuperan para conmemorar a Semana da Mobilidade Europea que se celebra entre o 16 e 20 de setembro.
Voluntario probando a cadeira de rodas durante a Xornada. |
Durante toda a mañá, alumnas e alumnos da UDC, experimentaron en primeira persoa o que supón desprazarse en cadeira de rodas polo campus. A propia Vicerreitora do Campus Ferrol Responsabilidade Social, Araceli Torres Miño, participou desta iniciativa.
É esta a primeira das actividades previstas para conmemorar a Semana da Mobilidade Europea. Durante estes días, a entidade, colaborará con diferentes concellos da comarca para visibilizar a necesidade de crear espazos urbanos accesibles para todas e todos.
Repercusión en medios:
Repercusión en medios:
- La Voz de Galicia, 2019-09-13 "El Campus de Ferrol despliega su artillería".
- Diario de Ferrol, 2019-09-13 " La Jornada en imágenes".
No hay comentarios:
Publicar un comentario