- A ASCM congregou a representantes políticos de Narón para experimentar o que é subirse a unha cadeira de rodas.
Encontro da ASCM coa corporación municipal de Narón. |
A ASCM fixo, hoxe, a súa segunda parada, dentro do roteiro reivindicativo, "Xente!! Senta e Sente", no Concello de Narón. Dentro do marco da Semana da Mobilidade Europea, a ASCM, está a desenvolver esta iniciativa que ten por obxecto concienciar aos nosos representantes políticos da importancia de planificar e actuar en clave de accesibilidade.
Itinerario "Xente!! Senta e Sente" no concello de Narón. |
Desde as 11.00 h. a equipa de voluntariado inclusivo auxiliou aos políticos participantes no seu percorrido, en cadeira de rodas, polas inmediacións da casa consistorial. Participaron da iniciativa, entre outros, a alcadesa, Marián Ferreiro; a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo; a de estatística,igualdade e transporte público, María del Mar Gómez; o de servizos, Ibán Santalla; o deportes, José Oreona; o de facenda e seguridade cidadá, Román Romero; a de participación cidadá e benestar social, Catalina García e German Costoya, edil do Partido Popular de Narón.
A Alcaldesa abrindo a comitiva do roteiro. |
Tal e como aconteceu onte en Neda, a iniciativa foi valorada de xeito moi positivo, tanto por parte da administración como da entidade; servindo para concienciar sobre a importancia da eliminación das barreiras arquitectónicas que pasan desapercibidas no día a día. A ASCM pechará o seu percorrido o xoves, ás 11.00 h., fronte ao Concello de Fene.
Roteiro pola accesibilidade. Concello de Narón. |
A intención da entidade é a de manter unha relación fluída e con obxectivos, a longo prazo, coas distintas administracións locais da comarca coa intención de poder avanzar, entre todas e todos, en materia de accesibilidade universal.
Repercusión en medios:
- Cadena SER 2019-09-17 "Raúl Salgado fala con Paula Gárate da Semana da Mobilidade".
- Cadena COPE 2019-09-17 ( a partir do min 24.) "Ada Romero fala con Paula Gárate da Semana da Mobilidade".
- Radio Voz Ferrol 2019-09-17 "Isidoro Valerio sobre la iniciativa de ASCM "Xente!! Senta e Sente"
- Radio Fene 2019-09-17 "Unha iniciativa da ASCM para reclamar a accesibilidade universal".
No hay comentarios:
Publicar un comentario