Mostrando entradas con la etiqueta xmuller=. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xmuller=. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de septiembre de 2019

O Universo Friki chega o sábado a Xuvia da man da ASCM


A "Xornada Geek" achegará o universo do videoxogo e a muller con discapacidade ás persoas participantes. 


A Asociación Sociocultural ASCM, dentro do programa "Iniciativa Xove" financiado pola Consellería de Política Social e Benestar da Xunta de Galicia, celebrará o sábado 28 ás 16.30 h., na Asociación Veciñal Altea de Xuvia, a "Xornada Geek". Esta iniciativa, que pretende achegar, á sociedade, o universo das novas tecnoloxías e o videoxogos accesibles, contará con diversas actividades; convidando á participación e implicación das persoas asistentes. 

A xornada comezará, ás 16.30 h. no local da Asociación Veciñal Altea, cunha charla sobre a historia do videoxogo e a perspectiva de xénero na industria; a cargo do coordinador do máster de Programación e Videoxogos da UDC, Antonio Seoane, e a alumna e colaboradora do xornal “El Ideal Gallego”, Victoria Díaz. A continuación terá lugar a andaina temática, “The Walking Freak”, polo Paseo de Xuvia onde a temática friki e as diversas capacidades compartirán espazo; fomentando a participación dos máis novos. O roteiro é de participación libre e de balde. As persoas interesadas poderá traer a súa “indumentaria máis friki” e sumarse ao percorrido. O acto rematará, no local da Asociación de Veciños, cun pequeño ágape, “food freak”, para recargar pilas despois da caminata. 

Con esta xornada, a ASCM, pon punto e final ás actividades temáticas “XMULLER=. Súmate e completa e a ecuación”, financiadas pola Xunta de Galicia no marco do Programa Iniciativa Xove. O obxectivo destas xornadas é o de achegar a realidade da muller con discapacidade ás persoas máis novas; trasladando a importancia de construír unha sociedade máis inclusiva. 

Para máis información sobre estas actividades, as persoas interesadas, poderán resolver as súas dúbidas no teléfono 981 35 14 30 ou no correo electrónico comunicacionascm@gmail.com. Se prefieren solicitar información de xeito presencial, poderán facelo nas oficinas de San Roque e Ánimas Bajos 18-19, Bloque 2, en horario de 9.30 a 13.30 e de 16.00 a 20.00 h.

viernes, 20 de septiembre de 2019

O universo friki chega o sábado, 28 de setembro, a Xubia da man da ASCM


  • A "Xornada Geek" achegará o universo do videoxogo e a muller con discapacidade ás persoas participantes.
                                Cartaz oficial da "Xornada Geek".
A Asociación Sociocultural ASCM, dentro do programa "Iniciativa Xove" financiado pola Consellería de Política Social e Benestar da Xunta de Galicia, celebrará o sábado 28 ás 16.30 h., na A.A.V.V Altea de Xubia, a "Xornada Geek". Esta iniciativa, que pretende achegar, á sociedade, o universo das novas tecnoloxías e o videoxogos accesibles, contará con diversas actividades; convidando á participación e implicación das persoas asistentes.


 A xornada comezará, ás 16.30 h. no local da Asociación de Veciños Altea, cunha charla sobre a historia do videoxogo e a perspectiva de xénero na industria; a cargo do coordinador do máster de Programación e Videoxogos da UDC, Antonio Seoane, e a alumna e colaboradora do xornal “El Ideal Gallego”, Victoria Díaz. A continuación terá lugar a andaina temática, “The Walking Freak”, polo Paseo de Xubia onde a temática friki e as diversas capacidades compartirán espazo; fomentando a participación dos máis novos. O roteiro é de participación libre e de balde. As persoas interesadas poderá traer a súa “indumentaria máis friki” e sumarse ao percorrido. O acto rematará, no local da Asociación de Veciños, cun pequeño ágape, “food freak”, para recargar pilas despois da caminata. 


Con esta xornada, a ASCM, pon punto e final ás actividades temáticas “XMULLER=. Súmate e completa e a ecuación”, financiadas pola Xunta de Galicia no marco do Programa Iniciativa Xove. O obxectivo destas xornadas é o de achegar a realidade da muller con discapacidade ás persoas máis novas; trasladando a importancia de construír unha sociedade máis inclusiva.


Para máis información sobre estas actividades, as persoas interesadas, poderán resolver as súas dúbidas no teléfono 981 35 14 30 ou no correo electrónico comunicacionascm@gmail.com. Se prefieren solicitar información de xeito presencial, poderán facelo nas oficinas de San Roque e Ánimas Bajos 18-19, Bloque 2, en horario de 9.30 a 13.30 e de 16.00 a 20.00 h.

miércoles, 18 de septiembre de 2019

A ASCM conciencia sobre "muller con discapacidade e emprego" en San Valentín



  • San Valentín acollerá o sábado a Xornada WorkIn, organizada pola ASCM, que pretende concienciar sobre prevención de riscos laborais e muller con discapacidade e emprego.


A ASCM dentro das actividades “XMULLER=. Súmate e completa a ecuación” , enmarcadas no proxecto de Iniciativa Xove financiado pola Consellería de Política Social e Benestar da Xunta de Galicia, organiza a “Xornada WorkIn” en San Valentín (Fene), o sábado 21 a partir das 16.30 h. O obxectivo da proposta é concienciar sobre a importancia da prevención dos riscos no eido laboral e visibilizar as distintas capacidades existentes no mercado de traballo.

 A xornada, dará comezo ás 16.30 h., no Paseo de San Valentín cun desfile de uniformes profesionais inclusivos; cedidos pola empresa de roupa profesional “COMAS” e escenificado polo equipo de Voluntariado Inclusivo da ASCM. O evento continuará no CPS San Valentín cunha dinámica coach, impartida pola experta en intelixencia emocional, Sabela Naranjo. A intencionalidade é a de motivar, de xeito dinámico, das posibilidades de empoderamento da muller con discapacidade no eido laboral. A iniciativa rematará cun pequeño ágape temático, de tupper saudable, para potenciar unha dieta equilibrada, entre as/os asientes.

A iniciativa está totalmente aberta ao público e de balde. O vindeiro sábado, 28 de setembro, pechará o ciclo ““XMULLER=. Súmate e completa a ecuación”, unha Xornada Geek que terá lugar en Xubia (Narón) e que dará un toque friki e desenfadado ao noso entorno. Para máis información sobre estas actividades, as persoas interesadas, poderán resolver as súas dúbidas no teléfono 981 35 14 30 ou no correo electrónico comunicacionascm@gmail.com. Se prefieren solicitar información de xeito presencial, poderán facelo nas oficinas de San Roque e Ánimas Bajos 18-19, Bloque 2, en horario de 9.30 a 13.30 e de 16.00 a 20.00 h.

Repercusión en medios:

lunes, 9 de septiembre de 2019

A ASCM prepara unha serie de sábados temáticos, dentro do programa Iniciativa Xove


  • O programa XMULLER= procura un achegamento das persoas máis novas á actividade da ASCM, a través dunha serie de xornadas temáticas.
Cartaz do Programa de Iniciativa Xove.


A ASCM, dentro do programa de Iniciativa Xove promovido pola Xunta de Galicia, desenvolverá durante o mes de setembro unha serie de xornadas temáticas. O obxectivo pasa por tratar de achegar o labor desenvolvido pola entidade a un público novo. O programa XMuller= terá a perspectiva de xénero moi presente. O slogan da proposta "súmate e completa a ecuación" pretende motivar á participación do maior número de persoas posibles.

O programa está formado por 3 xornadas temáticas: A xornada do noso (14 de setembro), Xornada WorkIn (21 de setembro) e a Xornada Geek (28 de setembro). A continuación, detallamos o programa de cada unha das iniciativas que serán de carácter libre e gratuíto até completar aforo.




  • A xornada do noso: terá lugar o sábado 14 de setembro no local da Asociación de Veciños de Santa Comba, en Covas, ás 18.00 h. O evento consistirá nun encontro interxeneracional que terá como eixo central a cultura tradicional galega. Haberá un desfile de roupa tradicional; amosando as diferentes capacidades existentes na sociedade galega. O encontro estará amenizado polo alumnado da Escola do Padroado de Cultura do Concello de Narón.  Despois do desfile haberá un intercambio de experiencias e degustación de postres tradicionais galegos. A actividade é de carácter libre e gratuíto até completar aforo.




  • A Xornada WorkIn: terá lugar o sábado 21 de setembro no paseo de San Valentín (Fene). Esta xornada estará centrada no mercado laboral e a importancia de reivindicar unha maior presenza da muller con discapacidade neste eido. A xornada dará comezo cun desfile de uniformes profesionais polo Paseo de San Valentín. Despois desta actividade, a xornada terá lugar no CPS San Valentín cun coloquio de experiencias e prevención de riscos e unha degustación de comida de tupper saudable para levar ao traballo. A participación neste evento é de carácter libre e de balde até completar aforo.





  • A xornada Geek: terá lugar o sábado 28 de setembro no Paseo de Xubia (Narón). O epicentro desta actividade será a temática friki. A xornada inclúe unha andaina friki polo paseo, que será mediante inscrición previa e con disfraces de diferentes series e películas. Antes da citada andaina, a Asociación de Veciños Altea de Xubia, acollerá unha charla coloquio sobre a historia do videoxogo e o papel da muller, coa colaboración da Universidade da Coruña. Pechará a xornada unha degustación de comida friki "food freak" , no citado local, para recuperar forzas despois da andaina.



Desde ASCM iremos concretando información de cada unha das xornadas, nas que pretendemos participe o maior número de persoas posibles.  A idsea é trasladar a idea da inclusión, de xeito transversal, a tódalas esferas da vida. Para máis información relativa á iniciativa de XMULLER= está dispoñible o mail comunicacionascm@gmail.com ou o teléfono 981 35 14 30.