- A ASCM achegou a Neda a súa iniciativa "Xente!! Senta e Sente" para concienciar sobre a necesidade da accesibilidade universal.
Imaxes da iniciativa Xente!! Senta e Sente en Neda. |
Neda, foi hoxe, a primeira das paradas do roteiro, que organiza a Asociación Sociocultural ASCM, para conmemorar a Semana da Mobilidade Europea que se celebra entre o 16 e o 22 de setembro. A ASCM levará, tamén, o seu proxecto "Xente!! Senta e Sente" aos concellos de Narón (17 de setembro ás 11.30 h.) e de Fene (19 de setembro ás 11.00 h.). O obxectivo é concienciar e sensibilizar aos representantes políticos da necesidade de apostar pola accesibilidade universal.
Esta mañá foi a quenda dos políticos de Neda, que experimentaron en primeira persoa o que é desprazarse polos arredores do concello en cadeira de rodas. O alcade, Ángel Alvariño, acompañado das/os concelleiras/os Soraya María Fernández Leal, Eduardo Rodríguez Rey, Ángeles Puentes Maceiras y Ana Rosa Pena Barcia,participou da iniciativa desprazándose polas inmediacións da casa consistorial e accedendo a espazos de uso diario como os servizos públicos do concello.
O alcalde facendo emprego dos servizos públicos en cadeira de rodas. |
Tanto o concello como a entidade valoraron como moi positiva esta experiencia, que permitiu sensibilizar e concienciar aos nosos políticos da necesidade de pensar e actuar en clave de accesibilidade para todas e todos.
Foto de grupo da Iniciativa Xente!! Senta e Sente. |
- Repercusión en medios:
- Diario de Ferrol 2019/09/17 "Neda pone a prueba su planificación urbanística sobre una silla de ruedas".
- Cadena SER 2019-09-17 "Raúl Salgado fala con Paula Gárate da Semana da Mobilidade".
- Cadena COPE 2019-09-17 ( a partir do min 24.) "Ada Romero fala con Paula Gárate da Semana da Mobilidade".
- Radio Voz Ferrol 2019-09-17 "Isidoro Valerio sobre la iniciativa de ASCM "Xente!! Senta e Sente"
- Radio Fene 2019-09-17 "Unha iniciativa da ASCM para reclamar a accesibilidade universal".
No hay comentarios:
Publicar un comentario