Mostrando entradas con la etiqueta Semana da Mobilidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Semana da Mobilidade. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de septiembre de 2019

A ASCM pechou, esta mañá, o seu roteiro pola mobilidade en Fene


    •  A ASCM pechou, hoxe en Fene, a súa celebración da Semana da Mobilidade Europea, coa iniciativa "Xente!! Senta e Sente".
                        Alcalde de Fene, abrindo a comitiva do roteiro.

A ASCM rematou hoxe, en Fene ás 11.00 h., o seu roteiro pola Semana da Mobilidade Europea coa súa iniciativa reivindicativa "Xente!!Senta e Sente". O obxectivo é o de concienciar aos nosos representantes políticos sobre a necesidade de pensar en clave de accesibilidade universal. Esta parada completa o ciclo que a ASCM comezaba o pasado luns en Neda e que continuaba o martes, neste caso, no concello de Narón.

                                              Senta e Sente no concello de Fene.

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, acompañado por Juventino Trigo, Tamara Miragaya, Sandra Permuy, Mari Carmen Martínez, Ángeles Coira e  Juana Barro e asesorados, todos eles, pola equipa de Voluntariado Inclusivo da ASCM, realizaron un percorrido polos aledaños da casa consitorial; experimentando en primeira persoa o que supón desprazarse en cadeira de rodas. A finalidade é concienciar e sensibilizar sobre os puntos negros da accesibilidade existentes na comarca de Ferrolterra e facer visibles os pequenos obstáculos e barreiras aos que se ten que enfrontar o colectivo nas actividades máis cotiás: sacar cartos do caixeiro, facer a compra, facer uso dos aseos públicos, etc.

                       Corporación municipal de Fene e ASCM.

Tanto a administración fenesa como a entidade valoraron a experiencia como moi positiva e operativa, dada a importancia de xerar sinerxias entre a Administración e os organismos do Terceiro Sector de cara a dar cobertura ás necesidades e demandas da sociedade.

O carácter desta iniciativa está aberto á participación de toda a cidadanía. Se hai algún concello  ou organismo interesado en desenvolver a proposta, estaremos encantados de atender as súas consultas no 981 35 14 30 ou no mail comunicacionascm@gmail.com. Para atención presencial, estamos en San Roque e Ánimas, Bloque 2, Baixos 18-19 en horario de luns a venres: 9.30 h. a 13.30 h. e de 16.00 h. a 20.00 h.

Repercusión en medios:

martes, 17 de septiembre de 2019

Narón súbese á cadeira de rodas para reivindicar a accesibilidade


  • A ASCM congregou a representantes políticos de Narón para experimentar o que é subirse a unha cadeira de rodas.

          Encontro da ASCM coa corporación municipal de Narón.

A ASCM fixo, hoxe, a súa segunda parada, dentro do roteiro reivindicativo, "Xente!! Senta e Sente", no Concello de Narón. Dentro do marco da Semana da Mobilidade Europea, a ASCM, está a desenvolver esta iniciativa que ten por obxecto concienciar aos nosos representantes políticos da importancia de planificar e actuar en clave de accesibilidade.

           Itinerario "Xente!! Senta e Sente" no concello de Narón.

Desde as 11.00 h. a equipa de voluntariado inclusivo auxiliou aos políticos participantes no seu percorrido, en cadeira de rodas, polas inmediacións da casa consistorial. Participaron da iniciativa, entre outros, a alcadesa, Marián Ferreiro; a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo; a de estatística,igualdade e transporte público, María del Mar Gómez; o de servizos, Ibán Santalla; o deportes, José Oreona; o de facenda e seguridade cidadá, Román Romero; a de participación cidadá e benestar social, Catalina García e German Costoya, edil do Partido Popular de Narón.

A Alcaldesa abrindo a comitiva do roteiro.


Tal e como aconteceu onte en Neda, a iniciativa foi valorada de xeito moi positivo, tanto por parte da administración como da entidade; servindo para concienciar sobre a importancia da eliminación das barreiras arquitectónicas que pasan desapercibidas no día a día.  A ASCM pechará o seu percorrido o xoves, ás 11.00 h., fronte ao Concello de Fene.


Roteiro pola accesibilidade. Concello de Narón.

A intención da entidade é a de manter unha relación fluída e con obxectivos, a longo prazo, coas distintas administracións locais da comarca coa intención de poder avanzar, entre todas e todos, en materia de accesibilidade universal.



lunes, 16 de septiembre de 2019

A ASCM comeza o seu roteiro pola Semana da Mobilidade no Concello de Neda


  • A ASCM achegou a Neda a súa iniciativa "Xente!! Senta e Sente" para concienciar sobre a necesidade da accesibilidade universal.
         Imaxes da iniciativa Xente!! Senta e Sente en Neda.

Neda, foi hoxe, a primeira das paradas do roteiro, que organiza a Asociación Sociocultural ASCM, para conmemorar a Semana da Mobilidade Europea que se celebra entre o 16 e o 22 de setembro. A ASCM levará, tamén, o seu proxecto "Xente!! Senta e Sente" aos concellos de Narón (17 de setembro ás 11.30 h.) e de Fene (19 de setembro ás 11.00 h.). O obxectivo é concienciar e sensibilizar aos representantes políticos da necesidade de apostar pola accesibilidade universal.

Esta mañá foi a quenda dos políticos de Neda, que experimentaron en primeira persoa o que é desprazarse polos arredores do concello en cadeira de rodas. O alcade, Ángel Alvariño, acompañado das/os concelleiras/os Soraya María Fernández Leal, Eduardo Rodríguez Rey, Ángeles Puentes Maceiras y Ana Rosa Pena Barcia,participou da iniciativa desprazándose polas inmediacións da casa consistorial e accedendo a espazos de uso diario como os servizos públicos do concello.

O alcalde facendo emprego dos servizos públicos en cadeira de rodas.


Tanto o concello como a entidade valoraron como moi positiva esta experiencia, que permitiu sensibilizar e concienciar aos nosos políticos da necesidade de pensar e actuar en clave de accesibilidade para todas e todos.

Foto de grupo da Iniciativa Xente!! Senta e Sente.