viernes, 18 de junio de 2010

V Xornadas Cariño Accesible


O sábado 6 de Outubro realizáronse as V Xornadas Cariño Accesible, nelas desenvolvéronse as seguintes actividades:

Intervención de Victoria Martínez Vérez, traballadora social.

Charla do Forum Filatélico

Actuación do coro da sociedade cultural “A Traiña”.

Cea de Cofraternidade.

A charla da Traballadora Social versou sobre as diferentes axudas e prestacións que poden percibir as persoas que sofren algunha minusvália e, o mesmo tempo, falou das funcións laborais dos traballadores sociais nos distintos Concellos.

A continuación falou Antonia Tubio Rey, profesional do Forum Filatélico, a súa charla versou sobre os distintos plans de pensións.

Cerrou este acto a actuación do coro da sociedade cultural "A Traiña".

Ó remate da xornada entregáronse obsequios, facendo entrega dos mesmos o Exmo. Alcalde do concello de Cariño, a Concellala de Asuntos Sociais do mesmo concello, así como o noso, Presidente D. Ángel Gárate Roca.



NOVO ENDEREZO DA ASOCIACIÓN EN INTERNET

Despois dun tempo utilizando o enderezo que nos proporcionaba un proveedor de internet da cidade, a Asociación conseguíu un enderezo de Internet propio (o que os entendicos chaman "un dominio").

Este enderezo novo é:

www.ascmferrol.com

Tamén fixemos cambios nos enderezos de correo electrónico, tendo así una presencia "na rede" moito máis profesional. Deste modo, o novo enderezo electrónico é:

ascmferrol@ascmferrol.com

Aspaym Galicia, tamén conta con páxina Web propia no enderezo:

http://www.ascmferrol.com/aspaym

E o seu correo electrónico é:

aspaymgalicia@ascmferrol.com

V XORNADAS CARIÑO ACCESIBLE

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog