jueves, 3 de junio de 2010

Irisarri inaugurou a Casa Solidaria, con máis de 1.000 metros cadrados para a rede social


O alcalde da cidade presidiu o acto de apertura das instalacións, nas que se ubicarán tamén a Oficina de Dependencia e unha Unidade Básica de Traballo Social. Máis dunha vintena de asociacións amosaron o seu interese para compartir locais neste edificio municipal que co-xestionarán o Concello de Ferrol e as propias entidades.

O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, inuagurou a Casa Solidaria, as primeiras instalacións municipais que estarán co-xestionadas polo Concello e as entidades e asociacións da rede social da cidade. De feito, ofrecerlles un espazo para que poidan desenvolver a súa actividade diaria é o seu principal obxetivo, ademáis de albergar a Oficina Municipal de Dependencia e unha Unidade Básica de Traballo Social ou ser sede da Mediadora das Persoas con Diversidade. No acto inaugural, que contou coa presencia da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, Irisarri asegurou que o día de onte era unha xornada dobremente boa toda vez que, por unha banda, as cifras de desemprego reducíranse por segundo mes consecutivo en España neste momento de crise económica actual, por outra, pola inauguración desta Casa Solidaria. O rexedor municipal lembrou que fora o 29 de xullo de 2005 cando se asinara o convenio entre o Concello de Ferrol e a Xunta de Galicia para a construcción deste inmoble coincidindo co día no que Emilio Pérez Touriño tomaba posesión como presidente do Goberno da Xunta, asumindo como propio ese compromiso adquirido no seu día pola Xunta de Manuel Fraga. A partires dese momento, transcurriron tres anos de ilusión nos que, segundo manfiestou o alcalde de Ferrol, a Casa Solidaria estivo en obras, un "símbolo de que aquí collemos todos", subliñou Vicente Irisarri.

Irisarri dirixiuse ás persoas que veñen de fóra e que teñen en Ferrol o seu fogar. A todos eles manifestoulles sque "vos necesitamos", polo que lles pediu que contasen "con nós". Así mesmo, agradeceu a todas as entidades sociais a súa presenza no acto inaugural desta infraestrutura e destacou que a Casa Solidaria é un exemplo de co-xestión entre o Concello e o movemento social. Por outra banda, o alcalde reivindicou o papel dinamizador que xogará este inmoble no barrio de Esteiro desde o punto de vista social e lembroulle á conselleira Beatriz Mato que están pendentes convenios comprometidos co anterior Goberno da Xunta. Entre éstos, os relativos á construcción dunha escola infantil en Esteiro, a apertura dun centro de día en Canido ou das vivendas interxeracionais rematadas desde hai un ano. Neste senso, Vicente Irisarri manifestoulle á conselleira de Traballo e Benestar Social que agarda o mellor da Xunta de Galicia a favor do progreso de Ferrol.

Ubicado no barrio de Esteiro, o edificio da Casa Solidaria conta con máis de 1.000 metros cadrados repartidos en baixo, seis plantas, terraza practicable e sótano. A súa construcción requiriu un investimento algo superior ao millón de euros. En principio, o edificio foi proxectado para albergar os Servizos Sociais, aínda que finalmente se destinou a Casa Solidaria grazas ás xestións do goberno local de Vicente Irisarri, que conseguiu hai xa dous anos a cesión por parte da Deputación provincial da Coruña do Edificio Social para eses fins iniciais. Ao acto desta tarde están invitadas todas as entidades do movemento asociativo e contará tamén coa presenza da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato.

A Casa Solidaria sumarase á rede de infraestruturas sociais postas a disposición da cidadanía polo equipo de goberno que lidera Vicente Irisarri: o Edificio Social, a Casa da Muller, a Casa da Xuventude ou os comedores sociais de San Xoán e de Caranza, entre outras e con ela Ferrol equipararase a outras grandes cidades de España cedendo un espazo clave para as entidades do Terceiro Sector, que poderán traballar en rede. Este é, precisamente, un dos obxectivos marcados pola Concellería de Benestar Social no marco do Plan Estratéxico Ferrol Solidario, consensuado coas propias asociacións.

Na actualidade, Concello e entidades traballan na elaboración do regulamento de usos das instalacións, despois de que o documento se debatise xa no Concello Sectorial de Servizos Sociais. Nel recolleráse a posibilidade de que as entidades sociais que traballan no ámbito social, da solidariedade e do voluntariado (ONGs, fundacións, asociacións, etc.) e que carecen dun local, dispoñen dun que non reúna as condicións mínimas para desenvolver o seu labor ou o teñan en réxime de aluguer cun elevado custe conten cun espazo onde celebrar as súas reunións ou actividades.

E neste senso, a concelleira de área, María López, avanzou que o Concello porá á súa disposición tres das plantas deste edificio, ubicado na Avenida de Vigo esquina rúa Velázquez, concretamente, a primeira, a cuarta e a sexta. Inicialmente, farán uso das mesmas 26 entidades que amosaron o seu interese en dispor dun espazo de traballo -estes serán compartidos- nestas instalacións municipais, onde poderán facer uso de mesas con equipamento básico e cos seus correspondentes arquivos, así como dun espazo de almacenamento no soto.

No acordo de cesión de uso quedará recollido o espazo a ceder, o horario de uso e os criterios para fixar e modificar o dito horario. Respecto ás zonas comúns -salón de actos, sala de exposicións, taboleiro de anuncios, conserxería, etc.- estas poderán ser empregadas de maneira esporádica e con autorización previa, podendo solicitalas aquelas entidades que teñan unha actividade asociativa que poida ser desenvolvida nas mesmas.

En canto ao traslado da Unidade Básica de Traballo Social, a edil de Benestar Social valorou que ao deixar esta o seu emprazamento actual na rúa Ministro Patiño o Concello aforrará os custes de aluguer que viña pagando. Non só iso. Mellorarase tamén as instalacións para a prestación do servizo, ao igual que ocurrirá coa Oficina Municipal de Dependencia, que sustituirá o Edificio Social, ubicado rúa Sánchez Barcáiztegui, por un espazo na Casa Solidaria. Este cambio, tal e como destacou a concelleira María López, suporá ademais unha mellora na accesibilidade para aquelas persoas con mobilidade reducida, as cales disporán tamén de prazas de aparcamento reservadas facilitándoselles o seu acceso ás novas oficinas da Casa Solidaria.

Casa Solidaria "CONCELLO DE FERROL"

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog