
Os convenios, segundo Sánchez Fojo, remodelaríanse en función da programación. O edil subliñou que “ás entidades que reciban 300 euros, evidentemente, non lles imos tocar” e incidiu na importancia de que os clubes deportivos tomen nota da situación. “Pedimos ás entidades deportivas, que son as que máis gasto teñen, que sexan previsoras para que non acaben o ano con déficit”, apuntou o edil de Facenda. Este incidiu en que “non importa que 2011 sexa un ano electoral e dicimos isto agora para que non colla de sorpresa a ninguén, pero no Concello non podemos pedir un crédito para pagar subvencións ás asociacións e aos clubes”.
Nos convenios asinados este ano, as tarifas oscilan entre os 1.000 euros do Museo do Pobo Galego ou o Consorcio do Camiño Inglés e os 140.000 do Clube Narón Balompé.
Críticas do PP > O edil de Servizos Sociais, Miguel Hermida, asegurou onte descoñecer a reunión convocada polos seus socios de goberno na que se anunciou ás entidades –entre elas varias que dependen do departamento do concelleiro– esa decisión do consistorio. “Non é lóxico que se recorten as axudas ás entidades sociais porque xa están moi axustadas”, asegurou Miguel Hermida, aludindo a convenios como o de AFAL, de 6.000 euros. O concelleiro manifestou onte a súa “oposición radical” a que se diminúan eses convenios.
DiariodeFerrol, 16-6-2010
No hay comentarios:
Publicar un comentario