sábado, 12 de julio de 2008

A GALA SOLIDARIA “TÍ A LEVAS” RECADOU UNS 19.000 EUROS PARA UN PLAN DE AXUDA Á INDIA


A gala solidaria “Ti a levas” promovida polo Concello de Ferrol para recadar fondos para un proxecto de cooperación na India que beneficiará a preto de 32.000 habitantes pechouse o xoves pola noite cunha recadación superior aos 19.000 euros. Esta foi a cantidade que resultou da suma das entradas vendidas para a cita celebrada no Jofre -asistiron preto de 300 persoas pero se venderon moitas máis entradas- e da subasta realizada cos obxectos cedidos nos últimos seis meses por cidadáns anónimos e destacados representantes do mundo empresarial, social, económico e deportivo. O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, agradeceu onte a magnífica resposta da cidadanía ferrolá nesta iniciativa solidaria.

De entre todos os obxectos subastados, o que maior valor adquiriu na puxa foi o gravado de Rafael Úbeda cedido polo Clube de Prensa e adquirido por 15.000 euros pola Fundación Caixa Galicia. Pola súa banda, Ramón Veloso, en representación do Concello local, facíase co maillot do campión do mundo de triatlón, Javier Gómez Noya, por mil euros, mentres que o desexado micro de CQC, foi para o alcalde de Fene Iván Puentes, por un valor de 200 euros. O seu homólogo de Ares, Julio Iglesias, fíxose cun sari de seda e pulseiras realizadas na India. Estes só por nomear a algúns dos moitos rostros públicos e anónimos que participaron na subasta solidaria, na que apenas quedaron dous ou tres obxectos sen novo propietario. Estes serán subastados nunha nova subasta na que traballa a Concellería de Solidariedade que dirixe Beatriz Sestayo e que, segundo se informou, incluirá novas sorpresas.

DiariodeFerrol, 12-7-2008

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog