jueves, 17 de julio de 2008

A CIG DENUNCIA A DEMORA NOS PRAZOS DE ATENCIÓN AS SOLICITUDES DE MINUSVALÍA


A Confederación Sindical Galega (CIG) denunciou onte que desde hai tempo está a recibir queixas relacionadas cos prazos de atención ás solicitudes de Minusvalía no Servizo de Atención e Valoración de Minusvalideces que depende da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia. Segundo informa, postos en contacto os traballadores do servizo coa Federación de Administración Públicas, a día de hoxe a demora é de 14 meses “xa que so existe unha equipa de valoración”, afirma o sindicato, sinalando que a segregación entre os servizos de Minusvalías e Dependencias repercute negativamente na atención ao cidadán e nos prazos de resolución. “Esta situación é doada de arranxar, voltando á atención conxunta, como xa se facía anteriormente”, afirman desde a CIG. Por outra banda, sinala que a oficina de Ferrol ten un volume de solicitudes maior que Pontevedra ou Lugo, sendo menor o cadro de persoal. Por todo isto, demanda a Vicepresidencia a articulación de xeito inmediato de medidas que poñan fin a esta situación “que crea un grande malestar na cidadanía”.

DiariodeFerrol, 17-7-2008

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog