- A ASCM pechou, hoxe en Fene, a súa celebración da Semana da Mobilidade Europea, coa iniciativa "Xente!! Senta e Sente".
Alcalde de Fene, abrindo a comitiva do roteiro. |
A ASCM rematou hoxe, en Fene ás 11.00 h., o seu roteiro pola Semana da Mobilidade Europea coa súa iniciativa reivindicativa "Xente!!Senta e Sente". O obxectivo é o de concienciar aos nosos representantes políticos sobre a necesidade de pensar en clave de accesibilidade universal. Esta parada completa o ciclo que a ASCM comezaba o pasado luns en Neda e que continuaba o martes, neste caso, no concello de Narón.
Senta e Sente no concello de Fene. |
O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, acompañado por Juventino Trigo, Tamara Miragaya, Sandra Permuy, Mari Carmen Martínez, Ángeles Coira e Juana Barro e asesorados, todos eles, pola equipa de Voluntariado Inclusivo da ASCM, realizaron un percorrido polos aledaños da casa consitorial; experimentando en primeira persoa o que supón desprazarse en cadeira de rodas. A finalidade é concienciar e sensibilizar sobre os puntos negros da accesibilidade existentes na comarca de Ferrolterra e facer visibles os pequenos obstáculos e barreiras aos que se ten que enfrontar o colectivo nas actividades máis cotiás: sacar cartos do caixeiro, facer a compra, facer uso dos aseos públicos, etc.
Corporación municipal de Fene e ASCM. |
Tanto a administración fenesa como a entidade valoraron a experiencia como moi positiva e operativa, dada a importancia de xerar sinerxias entre a Administración e os organismos do Terceiro Sector de cara a dar cobertura ás necesidades e demandas da sociedade.
O carácter desta iniciativa está aberto á participación de toda a cidadanía. Se hai algún concello ou organismo interesado en desenvolver a proposta, estaremos encantados de atender as súas consultas no 981 35 14 30 ou no mail comunicacionascm@gmail.com. Para atención presencial, estamos en San Roque e Ánimas, Bloque 2, Baixos 18-19 en horario de luns a venres: 9.30 h. a 13.30 h. e de 16.00 h. a 20.00 h.
Repercusión en medios:
- Radio Fene, 2019-09-19 "É moi complicado. A ASCM fixo baixar aos políticos locais á crúa realidade".
- CRTVG, Telexornal Mediodía, 2019-09-19 "Sentan en cadeira de rodas políticos de Fene para que saiban das dificultades das barreiras arquitectónicas".
- La Voz de Galicia, El Rincón de Isidoro Valerio, 2019-09-20 "Una apuesta por la concienciación".
- Novas Concello de Fene, 2019-09-20, "A ASCM pechou en Fene o seu roteiro pola mobilidade".
No hay comentarios:
Publicar un comentario