Mostrando entradas con la etiqueta cadeiras de rodas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cadeiras de rodas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 16 de octubre de 2019

O alumnado da Escola de Deseño Industrial visitou onte as instalacións da ASCM


  • Máis dunha trintena de alumnos e profesores achegáronse á Sede da Asociación Sociocultural ASCM para coñecer todos os detalles do manexo dunha cadeira de rodas.


Cartaz da colaboración de ASCM e UDC.

A ASCM converteuse, na tarde de hoxe, nun aula improvisada para alumnado e profesorado da Escola de Deseño Industrial do Campus de Ferrol. A presidenta, Paula Gárate Formoso, e a equipa de voluntariado inclusivo da entidade compartiron cós máis de 30 asistentes todos os detalles sobre cuestións relativas a tipoloxías, manexo e mantemento das cadeiras de rodas. Ademais, puideron constatar, en primeira persoa, as
barreiras arquitectónicas ás que deben enfrontarse as persoas con mobilidade reducida no seu día a día.

Alumnos da EUDI testando o uso das cadeiras de rodas.


A acollida da iniciativa foi moi positiva para ambas entidades. O alumnado amosouse moi participativo e o encontro viuse enriquecido polas experiencias compartidas por usuarios e voluntarios da ASCM. Esta iniciativa está enmarcada dentro do convenio de colaboración, asinado recentemente por ambos organismos, có obxectivo de trasladar ao alumnado as distintas capacidades existentes na nosa sociedade. Desde a Asociación Sociocultural ASCM considerase fundamental abogar por este tipo de sinerxias que favorezan  a concienciación e sensibilización da cidadanía no seu conxunto. Dentro deste marco de actuación, o colectivo estudantil é prioritario e, especialmente, a área de deseño industrial polo futuro papel que desenvolverán na construción e planteamento dunha sociedade máis accesible.

Durante a explicación sobre o uso e manexo de cadeiras de rodas.

Este tipo de propostas son de carácter aberto a outros organismos e agrupacións. Todas aquelas institucións e colectivos interesados en achegar a iniciativa “Xente!!, Senta e Sente” ao seu ámbito de actuación, poden poñerse en contacto coa entidade a través do teléfono 981 35 14 30 ou do mail comunicacionascm@gmail.com.

Repercusión en medios:

  • Diario de Ferrol, 2019-10-17 "Alumnos de la Escuela de Deseño Industrial visitan hoy las instalaciones de la ASCM"























jueves, 19 de septiembre de 2019

A ASCM pechou, esta mañá, o seu roteiro pola mobilidade en Fene


    •  A ASCM pechou, hoxe en Fene, a súa celebración da Semana da Mobilidade Europea, coa iniciativa "Xente!! Senta e Sente".
                        Alcalde de Fene, abrindo a comitiva do roteiro.

A ASCM rematou hoxe, en Fene ás 11.00 h., o seu roteiro pola Semana da Mobilidade Europea coa súa iniciativa reivindicativa "Xente!!Senta e Sente". O obxectivo é o de concienciar aos nosos representantes políticos sobre a necesidade de pensar en clave de accesibilidade universal. Esta parada completa o ciclo que a ASCM comezaba o pasado luns en Neda e que continuaba o martes, neste caso, no concello de Narón.

                                              Senta e Sente no concello de Fene.

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, acompañado por Juventino Trigo, Tamara Miragaya, Sandra Permuy, Mari Carmen Martínez, Ángeles Coira e  Juana Barro e asesorados, todos eles, pola equipa de Voluntariado Inclusivo da ASCM, realizaron un percorrido polos aledaños da casa consitorial; experimentando en primeira persoa o que supón desprazarse en cadeira de rodas. A finalidade é concienciar e sensibilizar sobre os puntos negros da accesibilidade existentes na comarca de Ferrolterra e facer visibles os pequenos obstáculos e barreiras aos que se ten que enfrontar o colectivo nas actividades máis cotiás: sacar cartos do caixeiro, facer a compra, facer uso dos aseos públicos, etc.

                       Corporación municipal de Fene e ASCM.

Tanto a administración fenesa como a entidade valoraron a experiencia como moi positiva e operativa, dada a importancia de xerar sinerxias entre a Administración e os organismos do Terceiro Sector de cara a dar cobertura ás necesidades e demandas da sociedade.

O carácter desta iniciativa está aberto á participación de toda a cidadanía. Se hai algún concello  ou organismo interesado en desenvolver a proposta, estaremos encantados de atender as súas consultas no 981 35 14 30 ou no mail comunicacionascm@gmail.com. Para atención presencial, estamos en San Roque e Ánimas, Bloque 2, Baixos 18-19 en horario de luns a venres: 9.30 h. a 13.30 h. e de 16.00 h. a 20.00 h.

Repercusión en medios: