sábado, 30 de mayo de 2009

O Encontro Local de Mocidade prevé reunir no municipio a uns 300 rapaces o día 6 de xuño


A concelleira de Mocidade, Natalia Hermida, presentou onte os actos programados con motivo da sétima edición do Encontro Local de Mocidade, que terá lugar o día 6 na praza de Galicia e nas Vivendas da Marina e para o que o Concello reservou unha partida de 13.500 euros. O consistorio prevé reunir na convocatoria a 150 rapaces de Narón e outros tantos procedentes da comarca.

O muro das Vivendas da Marina será o lugar onde se desenvolverá a exhibición de graffiti, na que participarán uns 35 profesionais de Galicia entre as dez da mañá e as nove da noite. A temática dos debuxos será libre.

A praza de Galicia será o lugar onde se concentren a maioría das actividades programadas para a ocasión. A ASCM Narón organizou un obradoiro para pintar camisetas -de dez a oito da tarde- e Afaes outro de confeción de abalorios con feltro -de dez a unha da tarde-. Así mesmo, haberá unha mesa onde se poderán trocar tanto roupa como accesorios, unha ximcana coeducativa, exhibicións musicais, obradoiros de cociña solar, un stand informativo sobre sexualidade, exhibicións de trial -a cargo de David Selleiro, campión de España de trial- e varias actuacións musicais, con DJ’ s, grupos de hip hop e funky e da Escola de Música Moderna, entre outras.

Ademais, sortearanse varios agasallos entre os asistentes. Natalia Hermida subliñou a importancia de que os rapaces poidan participar nas diferentes actividades, compartindo as súas inquedanzas.

DiariodeFerrol, 30-5-2009

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog