miércoles, 5 de febrero de 2020

O alumando do colexio "La Salle" recibe ao equipo de Voluntariado de ASCM




  • Alumnas e alumnos do colexio "La Salle" recibiron a visita da equipa de voluntariado inclusivo de ASCM.
Alumnado do colexio "La Salle" na sesión de ASCM.

Un dos grupos de 3º de Ed. Primaria do Colexio "La Salle" deixaron hoxe, a un lado, as materias convencionais para recibir a visita da equipa de voluntariado inclusivo da Asociación Sociocultural ASCM. A entidade, que traballa desde hai máis de 30 anos pola plena inclusión das persoas con discapacidade, achegou aos máis pequenos a realidade do colectivo coa finalidade de sensibilizar e normalizar con respecto as diferentes realidades existentes na nosa sociedade.



As alumnas e alumnos do centro ferrolán puideron observar a realidade mediante os lentes da inclusión; detectando barreiras arquitectónicas e sociais ás que deben facer fronte as persoas con discapacidade no seu día a día. Ademais, desde ASCM, consíderase fundamental traballar coa mocidade e coa infancia; rachando con estereotipos negativos e fomentando unha óptica positiva e realista sobre a realidade das persoas con diversidade funcional.

Alumnado de "La Salle" practicando boccia.


Ademais de recibir indicacións por parte da equipa de voluntariado de ASCM, alumnas e alumnos, puideron experimentar en primeira persoa o que supón para as persoas con discapacidade a práctica dun deporte como é a boccia. Resulta moi importante permitir ao alumnado experimentar dun xeito práctico a realidade do colectivo. Foi unha xornada na que a educación en valores acadou gran protagonismo no centro escolar "La Salle".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog