- Alumnas e alumnos do colexio "La Salle" recibiron a visita da equipa de voluntariado inclusivo de ASCM.
Alumnado do colexio "La Salle" na sesión de ASCM. |
As alumnas e alumnos do centro ferrolán puideron observar a realidade mediante os lentes da inclusión; detectando barreiras arquitectónicas e sociais ás que deben facer fronte as persoas con discapacidade no seu día a día. Ademais, desde ASCM, consíderase fundamental traballar coa mocidade e coa infancia; rachando con estereotipos negativos e fomentando unha óptica positiva e realista sobre a realidade das persoas con diversidade funcional.
Alumnado de "La Salle" practicando boccia. |
Ademais de recibir indicacións por parte da equipa de voluntariado de ASCM, alumnas e alumnos, puideron experimentar en primeira persoa o que supón para as persoas con discapacidade a práctica dun deporte como é a boccia. Resulta moi importante permitir ao alumnado experimentar dun xeito práctico a realidade do colectivo. Foi unha xornada na que a educación en valores acadou gran protagonismo no centro escolar "La Salle".
No hay comentarios:
Publicar un comentario