lunes, 27 de enero de 2020

ASCM participou na mesa de traballo de Dependencia e Diversidade Funcional, convocada polo concello de Ferrol


  • A temática a tratar estivo centrada na situación e posibilidades do transporte adaptado na comarca.
Reunión do grupo de Dependencia e Diversidade.

A  Asociación Sociocultural ASCM participou, esta mañá, na segunda reunión do grupo de traballo de Dependencia e Diversidade Funcional convocada pola consellería de Benestar Social do concello de Ferrol. O encontro, do que participarom entidades e organismos pertencentes ao tercero seitor, estivo presidido pola concelleira do ramo social, Eva Martínez Montero, e contou coa presenza do xerente da Mancomunidade de Concellos de Ferrolterra, Luis Alcalá. Con este equipo búscase determinar o punto de partida e as necesidades fundamentais do colectivo en materia de transporte adaptado.


Desde ASCM, existe unha forte aposta polo servizo de transporte, desde a súa fundación en 1987, porque consíderase que a mobilidade das persoas favorece o seu desenvolvemento e autorrealización persoal. Dotar de infraestuturas e servizos que posibiliten o libre desprazamento das persoas con mobilidade reducida, outorga unha liberdade de asistenza a actos culturais, da vida pública e de cobertura de necesidades básicas, chave para o colectivo.


A entidade participa destes encontros pola riqueza que supón coñecer, de primeira man, as sensacións de outros organismos e entidades que permitan xerar sinerxias e poder traballar arreo de cara a plena inclusión  das persoas con discapacidade; tomando como punto de partida a súa mobilidade a través do transporte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog