- A Asociación Sociocultural ASCM participará na Xornada de Benvida aos universitarios no Campus de Esteiro.
Cartaz da participación da ASCM na Xornada da UDC. |
A ASCM participará, durante a mañá do xoves, na Xornada de Benvida que a UDC organiza para as universitarias e universitarios que comezan o curso académico. A ASCM contará cun stand informativo para achegar información sobre as actividades que se desenvolven na entidade e as múltiples sinerxias que se poden establecer coa comunidade universitaria. Asimesmo, desde ASCM, propoñen unha iniciativa de carácter máis dinámico: "Xente!! Senta e Sente".
Esta proposta pretende que as/os alumnas/os participantes experimenten, en primeira persoa, o que é desprazarse en cadeira de rodas polo campus. Con axuda da equipa de Voluntariado Inclusivo da ASCM terán que acceder a espazos habituais da Universidade: servizos, cafetería, aulas, etc. É un xeito de concienciar e sensibilizar sobre as barreiras ás que o colectivo debe facer fronte no eido académico. Algo fundamental nun campus onde se formarán futuras/os deseñadoras/os industriais, entre outros gremios.
A UDC promove esta xornada de benvida con numerosos servizos e actividades deportivas, culturais e medioambientais. Contarán, ademais, con postos informativos dos diferentes Servizos e Unidades da UDC. O alumnado poderá inscribirse até mañá na seguinte ligazón: Formulario Inscrición Xornada Benvida UDC.
A ASCM dará, con esta actividade, o pistoletazo de salida ás actividades conmemorativas da Semana da Mobilidade Europea que se celebra entre o 16 e 20 de setembro. Durante estes días, a entidade, colaborará con diferentes concellos da comarca para visibilizar a necesidade de crear espazos urbanos accesibles para todas e todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario