miércoles, 29 de abril de 2009

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado dona ás EAV o material promocional do IV Congreso Galego de Acción Voluntaria (Suscriptor: 173149)‏



A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado dona ás EAV o material promocional do IV Congreso Galego de Acción Voluntaria

Trala celebración do IV Congreso Galego de Voluntariado a semana pasada, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado volve ofrecervos a todas as entidades de acción voluntaria (EAV) o material utilizado para a promoción e decoración do espazo no que tivo lugar este foro de encontro. A iniciativa naceu o ano pasado parella ao formato innovador que se lle dou ao evento e co que este ano se continuou.
A idea do departamento galego é donar todas as lonas plásticas para que as EAV o empreguedes en obradoiros de manualidades ou outras actividades sociais para as que vos poida ser útil. O ano pasado, unha EAV que quixo colaborar coa dirección xeral foi a Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela. Os usuarios empregaron as lonas no obradoiro de manualidades para facer uns orixinais pousavasos e salvamanteis (mirade a foto) nos que se aprecia o logotipo do Plan Galego de Voluntariado 2006-2010. Os manteis expuxéronse durante o mercadiño de Nadal de Sarela en decembro pasado.


Solicitude
O prazo para solicitar o material estará aberto ata o vindeiro 27 de maio ás 14.30 horas. As propostas recolleranse exclusivamente a través do enderezo electrónico voluntariado@xunta.es. Na mensaxe deberá indicarse como ASUNTO “Reciclaxe do material do Congreso Galego de Acción Voluntaria 2009”, indicar o nome completo da entidade, o nome do/a responsable, un teléfono e as horas de contacto para chamarvos.

Logo, unha vez recibida a mensaxe, confirmarase o acuse de recibo mediante o correo electrónico voluntariado@xunta.es á dirección desde onde se enviou a solicitude. Se nun prazo de 7 días non se recibiu resposta, rógase contactedes coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado a través do Teléfono Solidario 900 400 800.

A través deste tipo de iniciativas, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado súmase á aposta pola sostenibilidade e pola conservación e coidado do medio ambiente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog