lunes, 30 de agosto de 2010

Reunión organizativa Certame Solidario 2010

O 26 de agosto de 2010, no salón de actos da Casa Solidaria, tivo lugar unha reunión para a organización do III Certame Solidario, entre entidades e a Área de Solidariedade do Concello de Ferrol. Tratáronse os seguintes temas:

Datas e horarios do Certame
Sábado 4 de setembro: 12:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h
Domingo 5 de setembro: 12:00h a 14:00h e de 18:00h a 20:30h

Stands
A distribución por stands será a seguinte:
Área de Dependencia, Coordinación Socio- Sanitaria e Maiores (9 metros)
- Asociación Parkinson Ferrol Asociación Galega de Lupus
- AFFINOR
- ALCER Área de Inmigración
e Emigrantes Retornados (6 metros)
- Asociación E.P Uruguay
- ASMIREFE
- ASOLCOFER
Área de Diversidade Funcional e Accesibilidade (6 metros)
- COGAMI
- Asociación Sociocultural de Minusválidos
- Grupo Diversidade Funcional Área de Solidariedade, Cooperación e Voluntariado (9 metros)
- Oficina de Cooperación e Voluntariado de Ferrol
- Solidariedade Internacional Galicia
- Axuda en Acción
- Cruz Vermella
Área de Incorporación Socio laboral (6 metros)
- Teima
- ADRA
- AFAES Porta Nova Área de Prevención do Consumo de Drogas (3 metros)
- LAZOS

Horarios Actividades EntidadesTratase coas entidades que ofertan actividades para o Certame os horarios e espazos para a súa realización. Os horarios aparecen recollidos no seguinte punto de programación.

ProgramaciónCERTAME SOLIDARIO 2010
SABADO 4 DE SETEMBRO
12:00h– Apertura da Feira de Entidades Solidarias
Contaremos coa presenza das entidades do Concello Social distribuídas segundo as Áreas que conforman o Plan Estratéxico.
12:30h – Inauguración oficial e entrega do Premio Solidario “Cidade de Ferrol” 2010.
* Pintada simultánea de MURAIS SOLIDARIOS:
- Karoll William acompañado por diferentes artistas elaborarán un mural SOLIDARIO.
- Mural Infantil: será pintado por tódolos nenos e nenas asistentes que queiran colaborar
* Demostración “Costurarte” , da asociación AFAES Porta Nova.
13:00h – Actuación Musical do Grupo Tradicional Armadanzas13:00h – Exhibición de Boccia, aberto á participación do público. (Asociación Sociocultural de Minusválidos).
14:00h – 18:00h – PECHADO
18:00h – Apertura
18:00h– Pintada dos MURAIS SOLIDARIOS.
18:00h – Obradoiro Demostrativo e Participativo de Danza Africana ( Mozambique)
18:00h – Obradoiro demostrativo de Manualidades (Asociación AFAES Porta Nova)
19:00h– Contacontos Solidario “Tropa de Trapo” (Fondo Galego de cooperación)
20:00h – KAROLL WILLIAM e o grupo MEZCLAS: Actuación Musical
21:00h – Peche

DOMINGO 5 DE SETEMBRO
12:00h – Apertura da Feira de Entidades Solidarias
Contaremos coa presenza das entidades do Concello Social distribuídas segundo as Áreas que conforman o Plan Estratéxico
.
12:00h.- Obradoiro Demostrativo e Participativo de Danza Brasileira (Capoeira, Danzas de Brasil e Percusión)
12:30h.- Obradoiro Demostrativo de Encadernación (Asociación AFAES Porta Nova)
14:00h – 18:00 h– PECHADO
18:00h.- Apertura
18:00h.- A Familia do Pindirico, espectáculo teatral.
19:00h.- Bule con ALCER
19:30h.- Ballet Folklórico “ Desde el Alma” da Compañía “De lo nuestro lo mejor”.
20:00h – Peche

EXPOSICIÓN DE COMERICO XUSTO (Axuda en acción)

Varios
- A actividade plantexada por Lazos, por motivos de privacidade, non poderá ser realizada na carpa.
- Exposición Ayuda en Acción: exporán 8 paneis de comercio xusto dirixido aos nenos/as. A ubicación a vermos no momento da montaxe.
- TEIMA comenta que fai dous anos, coa choiva, mollouse todo o material porque as lonas da carpa non chegaban ao chan. Solicita que se teña en conta este ano para que non pase de novo.
- AFAES precisa de 4 ou 5 mesas para o desenvolvemento dos obradoiros
- TEIMA solicita un proxector. Comentáselle que ao ser de día, non se ve a imaxe. ASMIREFE di que a única posibilidade de que se vexa de día na carpa é unha pantalla de plasma. TEIMA solicita ao concello unha pantalla grande de televisión.
No caso de conseguila habería que comunicarllo tamén a OCV.
- AS. Uruguay pide 1 ou 2 mesas a maiores das previstas para o stand, se existira a posibilidade

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog