lunes, 30 de agosto de 2010

Premio Solidario "Cidade de Ferrol 2010"

Dende a Área de Solidariedade do Concello de Ferrol, e como entidade candidata ao Premio Solidario "Cidade de Ferrol 2010", informamos que onte tivo lugar a reunión do xurado na que trala valoración dos proxectos presentados, este decidiu por unanimidade outorgar o Premio deste ano ao proxecto "Costurarte: Curso de Patronaxe e Confección Artesanal", da Asociación AFAES Porta Nova.

O acto de entrega terá lugar o vindeiro 4 de setembro ás 12:30h na Praza da Constitución do Cantón de Molíns, no marco do III Certame Solidario, onde ademais de contar coa asistencia de AFAES, convidámosvos a participar neste evento onde se vos fará entrega dun agasallo a fin de premiar a vosa labor e implicación ao hora de participar nesta convocatoria.

Un Saúdo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog