martes, 24 de febrero de 2009
A Asociación Sociocultural de Minusválidos realiza este mes o Obradoiro V do Programa de Inserción Laboral Sentidos
A Asociación Sociocultural de Minusválidos continúa as súas actividades no Proxecto de Inserción Laboral Sentidos, grazas á colaboración da Fundación La Caixa, traballando activamente cunha bolsa de emprego de máis de 150 persoas. A metodoloxía do acompañamento está supoñendo un labor individualizado con cada participante. Logo da fase inicial de entrevista persoal, o proxecto atópase nunha segunda etapa de preparación para a inserción. Até o de agora realizáronse 5 obradoiros: “Currículo e carta de presentación”, “A Entrevista”, “Busca activa de emprego”, “Habilidades sociais na entrevista” e “A empresa”. Este último conta cunha segunda parte, coa visita de Manuel Iglesias Veiga, vicepresidente e responsábel da área de responsabilidade social empresarial da Confederación de Empresarios de Ferrol, que exporá as súas valoracións sobre o mercado de traballo na comarca, así como as esixencias, características e necesidades do mesmo. O obradoiro terá lugar este mércores 25 de febreiro ás 12:30 horas, no local da Asociación Sociocultural de Minusválidos de Ferrol. No blog do programa, pódese obter máis información: www.orientacionlaboralascm.blogspot.com. Aínda podedes apuntarvos no 981 35 14 30
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario