martes, 17 de febrero de 2009

Xuntanza Palilleiras Neda


As palilleiras de Neda pertencentes á asociación Filigrana organizan este sábado un encontro, o sexto, no pavillón municipal. Está previsto que acudan máis de 400 artesás a esta cita. Esa é a cifra de inscritas ata o de agora, aínda que pode incrementarse.

As actividades comezarán as dez da mañá, coa chegada paulatina das participantes. A maioría delas proceden de Ferrolterra, aínda que hai representacións de diversos puntos de Galicia e incluso de Asturias.

Ó mediodía farán un descanso para desprazarse ata o colexio San Isidro, onde celebrarán unha comida de confraternidade.

A actividade reanudarase ás catro e, durante unha hora e media máis, volverá repiquetear polo pavillón o son que fan os bolillos.

Este tipo de reunións facilitan o intercambio de labores e puntos entre as artesás e teñen tamén importancia ó permitirlles acceder a material especializado. De feito, hai en torno a 14 casas comerciais, algunhas delas procedentes de Madrid, Torrelavega ou Tarragona, que amosarán os seus produtos no encontro de Neda.

A xornada está tamén aberta a toda aquela persoa que estea interesada en saber como se fai un encaixe moi valorado pola súa dificultade e polo elevado número de horas que se precisan para finalizar as puntillas.

Diario de Ferrol, 17 de Febrero de 2009

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog