jueves, 10 de abril de 2008

ÉXITO ROTUNDO DO III CONGRESO GALEGO DE VOLUNTARIADO


Rubén Cela, Chus Lago e Tareixa Novo durante a clausura

Os asistentes triplicaron aos dos dous anos anteriores

A secretaria xeral do Benestar, Chus Lago, clausurou onte pola tarde o III Congreso Galego de Voluntariado acompañada do director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela, e da delegada provincial da Vicepresidencia na Coruña, Tareixa Novo, cunha visita polos 68 expositores que as entidades de acción voluntaria montaron no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Logo tamén pasaron pola zona de exposición común na que 24 entidades colgaron o seu material promocional.

O III Congreso de Voluntariado que tivo lugar durante toda a xornada de hoxe en Santiago de Compostela pechou a última hora da tarde cun “éxito rotundo de asistencia”, como o calificou o director xeral, xa que o número de congresistas triplicou o dos dous anos anteriores. En total, acreditáronse máis de 1.300 persoas que trala inauguración da mañá por parte do vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e do director xeral, asistiron a un grupo de debate no que o tema abordado foi o “Voluntariado na sociedade actual” e pola tarde, ás distintas comunicacións nas que as propias EAV contaron en primeira persoa as súas propias experiencias de voluntariado.

Nesta terceira edición do simposio, as EAV foron as protagonistas do que pretende ser un foro aberto de debate sobre a acción voluntaria en Galiza. Ademais da feira de expositores, en horario de tarde as propias entidades contaron en primeira persoa as súas experiencias de voluntariado a través das comunicacións impartidas.

A xornada estivo amenizada polos grupos Pistacatro e A Caricia da Serpe.

(10-04-2008)VoluntariadoGalego.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog