- A presentación tivo lugar, esta mañá, na Facultade de Ciencias do Traballo do Campus de Esteiro.
A presidenta da ASCM, Paula Gárate, e as nosas
compañeiras de accesibilidade e proxectos,
presentaron hoxe a nosa Asociación ás alumnas e alumnos do Campus do Esteiro da
UDC como entidade colaboradora no Proxecto de Aprendizaxe e Servizo (ApS).
A ApS é unha
proposta educativa que combina procesos de Aprendizaxe e Servizo á comunidade
nun só proxecto, no cal al persoas participantes se forman traballando sobre
necesidades reais da contorna co obxectivo de mellorala. Trátase dunha
actividade que integra o servizo á comunidade coa aprendizaxe de contidos e a
adquisición de competencias a partires da práctica reflexiva.
Desde ASCM
consíderase fundamental establecer vínculos e estratexias comúns cós principais
organismos educativos da nosa comunidade autónoma, coa fin de acadar unha ampla
sensibilización e concienciación entre aquelas mozas e mozos que, en breve,
incorporaránse ao mercado laboral. A idea parte de trasladar a realidade do
colectivo a futuros profesionais de diferentes eidos para que estes acaden un
achegamento que lles permita implementar a inclusión e a accesibilidade
universal, de xeito transversal, ao rol laboral que desenvolvan ao longo das
súas traxectorias.
A ASCM e a UDC veñen
colaborando durante anos con iniciativas coma as xornadas de mobilidade ‘Xente!!
Senta e Sente’ cas alumnas e alumnos UDC, nas que o estudantado ten a
oportunidade de sentar nunha cadeira de rodas para experimentar nas súas
propias carnes as barreiras arquitectónicas que deben salvar, na súa vida
cotiá, as persoas con diversidade funcional. Coa participación neste proxecto,
a ASCM, procura establecer unha relación baseada na fluidez e na continuidade,
absorbendo a frescura das ideas que poidan aportar as/os estudantes da
Universidade da Coruña; ao mesmo tempo que conciencian e sensibilizan aos
participantes dos programas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario