lunes, 16 de julio de 2012

Xornada demostradora de oportunidades na accesibilidade con Software Libre




O programa Voluntariado Dixital, en colaboración co Centro Demostrador TIC e a oficina de software libre da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Amtega, da Xunta de Galicia, acollerá o vindeiro 19 de xullo en horario de 10:00 a 14:00 horas unha “Xornada demostradora de oportunidades na accesibilidade con Software Libre” co obxectivo de facer un percorrido por solucións tecnolóxicas de accesibilidade con licencia libre dirixidas a facilitar o uso das novas tecnoloxías a persas con discapacidade e persoas maiores.

Durante a xornada diversos poñentes amosarán ferramentas tecnolóxicas libres orientadas a romper barreiras no uso da tecnoloxía por parte de persoas con diversidade funcional e deste xeito contribuír a mellorar a súa calidade de vida. Profesionais do ámbito da educación e o apoio asistencial compartirán a súa experiencia no uso deste tipo de ferramentas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog