lunes, 16 de julio de 2012

CURSO: Uso seguro das TIC por parte dos menores





Dentro do Plan de Formación 2012 da Axencia de Modernización Tecnolóxcia de Galicia,Amtega, presentamosvos o curso EDUCA_TIC para o USO SEGURO DAS TIC POR PARTE DOS MENORES, dirixida tanto aos Axentes TIC e responsables da Rede CeMIT como aos voluntari@s dixitais do ámbito de influencia de cada unha das aulas, e que terá  lugar na terceira semana de xullo ( do 16 ao 20).

Este curso, que se desenvolverá en sesións de tarde de 16:00 a 20:00 horas e con titorización libre a través da plataforma moodle, ten entre os seus obxectivos a análise da man de expertos en seguridade do contexto actual en Galicia e do diagnóstico da situación na que están os menores galegos no que respecta a hábitos de uso do TIC, así como os coñecementos sobre a seguridade da información e as ferramentas utilizadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog