viernes, 30 de noviembre de 2007

O GOBERNO LOCAL COMPROBARÁ EN CADEIRA DE RODAS E COS DISCAPACITADOS OS SEUS OBSTÁCULOS DIARIOS

A concelleira de Benestar Social, Xuventude e Solidariedade, Beatriz Sestayo, informou de que o departamento que dirixe está a organizar unha marcha simbólica polo centro da cidade para comprobar in situ e dan man de quen as padece as barreiras arquitectónicas que, día a día, se atopan as persoas con mobilidade reducida.

Segundo indicou a edil, na actividade, que terá lugar o vindeiro luns 3 de decembro coincidindo coa celebración do Día Internacional do Discapacitado, colaborarán as entidades que representan os intereses deste colectivo na cidade.

Esto é, a Asociación do Grupo de Minusválidos; Aspanemi e a Asociación Sociocultural de Minusválidos. Sestayo explicou que a marcha partirá da praza de Armas, percorrendo distintas rúas do casco urbano. A idea é acompañar aos socios das citadas entidades namentras levan á práctica cousas rutinarias como tomar un café, facer unha compra ou acudir ao médico, e ver con que atrancos se atopan para poder levar a cabo estas tarefas.

Neste senso, a edil declarou que se trata de poñerse na pel dunha persoa con mobilidade reducida no seu quefacer diario. Ver cales son as barreiras arquitectónicas que se atopa no camiño, e como se poderían eliminar. Un dos compromisos adquiridos polo goberno local. Por iso, segundo dixo a concelleira delegada de Benestar, á marcha acudiran varios concelleiros do equipo de goberno. Entre eles, o edil delegado de Urbanismo, Angel Mato, cun importante papel a xogar na tarefa de facilitar as cousas a este colectivo.

noticiasgalicia 28/11/07

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog