sábado, 18 de agosto de 2007

O Concello contribúe a fomentar a inserción social dos minusválidos financiado o servizo de transporte adaptado

O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, e o presidente da Asociación Socio-Cultural de Minusválidos, Ángel Gárate Roca, suscribiron un convenio de colaboración para fomentar a inserción socio-laboral das personas con mobilidade reducida. A través do mesmo, o Concello destinará 19.300 euros a sufragar o transporte adaptado da entidade, actividades encamiñadas á súa inserción laboral e aquelas outras para a súa integración social, tales como educación de adultos, información e asesoramento ou lúdicas.

Ángel Gárate explicou que a asociación leva preto de dúas décadas traballando a prol da integración social deste colectivo porque "non queremos ser cidadáns de terceira, senón de primeira". Á par, agradeceu a sensibilidade amosada polo Concello e que se vén plasmando neste convenio, aínda que advertiu de que a entidade que representa será "esixente" coa Administración local nas súas reivindicacións. Asegurou que a firma do convenio supón "un paso máis para seguir camiñando na nosa integración"

E, nesa liña de colaboración e esixencia, abogou por extender o citado transporte adaptado máis aló das paradas tradicionais de autocares. En concreto, a colexios e casas. Pola súa banda, Vicente Irisarri explicou que o convenio supón un pequeno reflexo de algo que constitúe non só unha obriga para o Concello senón tamén un compromiso deste goberno municipal.

Lembrou que os Servizos Sociais son unha prioridade e destacou que o seu equipo seguirá traballando nesta liña para garantir a igualdade de oportunidades entre as persoas. Ao respecto, abogou tamén pola implicación empresarial neste cometido e plantexouse o reto de "gañarlle" neste terreo ás anteriores corporacións, das que destacou o seu traballo e entrega no eido dos servizos sociais.


17/08/07 noticiasgalicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog