Unha iniciativa inclusiva organizada pola Asociación Sociocultural ASCM
O próximo luns 24 de Xullo organizase un Entroido de Verán na praza da Gándara que complementará o inicio das festas patronais que terán lugar esa mesma semana.
O Entroido de verán repartirá 300€
entre as persoas gañadoras do concurso de disfraces que se apunten antes do día
24 as 13.30 horas, a través do QR que aparece no cartel ou contactando
directamente coa ASCM.
O xurado do concurso estará
composto por un representante das comparsas colaboradoras, un membro da
Comisión de festas de A Gándara 2023 e por parte do Concello de Narón, a concelleira
de Festas, Mar Gómez.
A programación prevista é a
seguinte:
- 16:30 Inicio
Actividades
- 17:00 A 18:30 Xogos Acuáticos
- 18:30 Concentración de disfraces
- 19:00 A 20:00 Pasarrúas polo barrio
- 20:30 Entrega de Premios
- 20:30 A 21:30 Remate Musical
A actividade proposta pola ASCM
xorde para favorecer a participación en actividades adaptadas a xente máis nova
dende unha perspectiva interxeracional e inclusiva, que fomente a cultura
creativa a través de disciplinas como a música ou o baile.
Nesta proposta colaboran
conxuntamente a Comisión de Festas de A Gándara 2023, as comparsas Argalleiros,
Parrandolos e Os Colludos, ademáis conta co apoio do Concello de Narón e a
financiación da Xunta de Galicia a través do programa de Iniciativa Xove.
Para más información pode poñerse en contacto a través dos canais habituais da entidad: WhatsApp: 604 055 703, mail info@ascmgalicia.org ou no teléfono 981 38 53 66.
QR de inscripción:
No hay comentarios:
Publicar un comentario