Mostrando entradas con la etiqueta mellora. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mellora. Mostrar todas las entradas

miércoles, 24 de febrero de 2021

O concello acomete melloras nos aseos públicos dos mercados municipais de Recimil e a Magdalena

   ASCM solicitou o pasado novembro o reforzo da rede de aseos públicos da comarca



A Asociación Sociocultural ASCM celebra a decisión do concello de Ferrol de acometer melloras nos aseos dos mercados municipais de Recimil e A Magdalena. A entidade presentou unha solicitude de reforzo da rede de aseos públicos, motivada especialmente pola situación de emerxencia sanitaria que estamos a vivir.


A entidade, como altofalante das necesidades do colectivo de persoas con mobilidade reducida, detectou a necesidade deste reforzo debido, en gran medida, polo emprego habitual dos aseos de espazos de titularidade privada coma restauración, centros comerciais, etc. A pandemia e os peches de determinados sectores diminuiron a oferta da rede de aseos na vía pública. ASCM reivindicou, entón, a posta a punto e disposición de aseos públicos accesibles.


O concello ferrolán ven de anunciar reformas nos aseos dos mercados municipais de A Magdalena e Recimil, respostando a estas necesidades. Desde a ASCM agardan que estas obras de mellora dean cobertura ás demandas da cidadanía, respostando, asimesmo, ás necesidades de accesibilidade do colectivo de persoas con discapacidade.


Repercusión en medios:



jueves, 31 de octubre de 2019

A ASCM únese á mobilización do Comité de Empresa do Persoal Laboral da Administración Xeral do Estado na Provincia de A Coruña


  • A ASCM apoia a convocatoria que pretende reivindicar unha mellora no servizos públicos de atención á persoas de diversidade funcional no IMSERSO da Provincia da Coruña.
                   Imaxe da mobilización fronte ao CAMF Ferrol.

Desde o Comité de Empresa do Persoal Laboral da Administración Xeral do Estado na Provincia de A Coruña (AXE), queren trasladar a súa preocupación ao tecido asociativo, político e institucional sobre o deterioro que se está a producir na prestación de servizos, por parte dos centros públicos de atención a persoas con diversidade funcional no IMSERSO na provincia de A Coruña.Representantes da entidade participaron, esta mañá, na concentración convocada no acceso ao CAMF para visibilizar esta problemática.


A Asociación Sociocultural ASCM, quere amosar, así, o seu apoio ás reivindicacións do Comité de Empresa e familiares das persoas que están nos centros, demandando á Administración que asuma a importancia que estes servizos teñen para a sociedade. A ASCM ven desenvolvendo unha estreita relación coa administración e residentes do CAMF Ferrol na realización de actividades conxuntas e prestación de servizos aos residentes. Sendo a ASCM unha asociación pioneira, na reivindicación dos dereitos das persoas con discapacidade, consideramos de xustiza acompañar aos compañeiras/os do sector nas súas demandas, có obxectivo de construír, entre todas/os, unha sociedade máis inclusiva.