A ASCM solicitou o pasado novembro o reforzo da rede de aseos públicos da comarca
A Asociación Sociocultural ASCM celebra a decisión do concello de Ferrol de acometer melloras nos aseos dos mercados municipais de Recimil e A Magdalena. A entidade presentou unha solicitude de reforzo da rede de aseos públicos, motivada especialmente pola situación de emerxencia sanitaria que estamos a vivir.
A entidade, como altofalante das necesidades do colectivo de persoas con mobilidade reducida, detectou a necesidade deste reforzo debido, en gran medida, polo emprego habitual dos aseos de espazos de titularidade privada coma restauración, centros comerciais, etc. A pandemia e os peches de determinados sectores diminuiron a oferta da rede de aseos na vía pública. ASCM reivindicou, entón, a posta a punto e disposición de aseos públicos accesibles.
O concello ferrolán ven de anunciar reformas nos aseos dos mercados municipais de A Magdalena e Recimil, respostando a estas necesidades. Desde a ASCM agardan que estas obras de mellora dean cobertura ás demandas da cidadanía, respostando, asimesmo, ás necesidades de accesibilidade do colectivo de persoas con discapacidade.
Repercusión en medios:
- El Boletín, 2020-02-25 "O concello acomete melloras nos aseos públicos dos mercados municipais de Recimil e a Magdalena".
- Diario de Ferrol, 2020-02-26 "La asociación ASCM la reforma de los aseos de los mercados".
No hay comentarios:
Publicar un comentario