- A ASCM apoia a convocatoria que pretende reivindicar unha mellora no servizos públicos de atención á persoas de diversidade funcional no IMSERSO da Provincia da Coruña.
Desde o Comité de Empresa do Persoal Laboral da Administración Xeral do Estado na Provincia de A Coruña (AXE), queren trasladar a súa preocupación ao tecido asociativo, político e institucional sobre o deterioro que se está a producir na prestación de servizos, por parte dos centros públicos de atención a persoas con diversidade funcional no IMSERSO na provincia de A Coruña.Representantes da entidade participaron, esta mañá, na concentración convocada no acceso ao CAMF para visibilizar esta problemática.
A Asociación Sociocultural ASCM, quere amosar, así, o seu apoio ás reivindicacións do Comité de Empresa e familiares das persoas que están nos centros, demandando á Administración que asuma a importancia que estes servizos teñen para a sociedade. A ASCM ven desenvolvendo unha estreita relación coa administración e residentes do CAMF Ferrol na realización de actividades conxuntas e prestación de servizos aos residentes. Sendo a ASCM unha asociación pioneira, na reivindicación dos dereitos das persoas con discapacidade, consideramos de xustiza acompañar aos compañeiras/os do sector nas súas demandas, có obxectivo de construír, entre todas/os, unha sociedade máis inclusiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario