Mostrando entradas con la etiqueta demandas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta demandas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 24 de febrero de 2021

O concello acomete melloras nos aseos públicos dos mercados municipais de Recimil e a Magdalena

  A  ASCM solicitou o pasado novembro o reforzo da rede de aseos públicos da comarca



A Asociación Sociocultural ASCM celebra a decisión do concello de Ferrol de acometer melloras nos aseos dos mercados municipais de Recimil e A Magdalena. A entidade presentou unha solicitude de reforzo da rede de aseos públicos, motivada especialmente pola situación de emerxencia sanitaria que estamos a vivir.


A entidade, como altofalante das necesidades do colectivo de persoas con mobilidade reducida, detectou a necesidade deste reforzo debido, en gran medida, polo emprego habitual dos aseos de espazos de titularidade privada coma restauración, centros comerciais, etc. A pandemia e os peches de determinados sectores diminuiron a oferta da rede de aseos na vía pública. ASCM reivindicou, entón, a posta a punto e disposición de aseos públicos accesibles.


O concello ferrolán ven de anunciar reformas nos aseos dos mercados municipais de A Magdalena e Recimil, respostando a estas necesidades. Desde a ASCM agardan que estas obras de mellora dean cobertura ás demandas da cidadanía, respostando, asimesmo, ás necesidades de accesibilidade do colectivo de persoas con discapacidade.


Repercusión en medios:



miércoles, 18 de noviembre de 2020

ASCM reivindica a necesidade de habilitar os aseos dos espazos públicos da comarca

 

ASCM súmase á demanda da cidadanía da necesidade de  facilitar o emprego dos aseos dos espazos públicos; especialmente durante a pandemia.

                                                         Presidenta de ASCM e Alcalde de Neda, antes da pandemia.

A Asociación Sociocultural ASCM detectou a necesidade de facilitar á cidadanía o emprego dos aseos dos espazos públicos da comarca de Ferrolterra. A COVID-19 reduciu a posibilidade de facer uso dos aseos de comercios, hostelería, etc.; evidenciando a importancia dunha boa rede de aseos de carácter público. Nesta liña, ASCM presentou, esta mesma mañá, un escrito formal ao concello de Ferrol; solicitando medidas para paliar esta problemática.


Persoas de distintos eidos: persoal de reparto, correos, persoas de idade avanzada, etc. manifestaron a dificultade á que se enfrontan para poder facer uso dun aseo fóra dos seus domicilios. ASCM quere servir de altofalante das demandas sociais da cidadanía da comarca de Ferrolterra; visibilizando a necesidade de por a disposición de todas e todos unha rede de aseos públicos de calidade. 


Desde ASCM lembran, ademais, a importancia de garantir a accesibilidade universal neste tipo de infraestruturas; favorecendo un uso colectivo e autónomo dos mesmos. Asimesmo, ASCM expón a importancia dun sistema de limpeza e mantemento eficaz nos aseos públicos, para minimizar o risco de contaxio das persoas usuarias.


Repercusión en medios: