miércoles, 16 de octubre de 2019

O alumnado da Escola de Deseño Industrial visitou onte as instalacións da ASCM


  • Máis dunha trintena de alumnos e profesores achegáronse á Sede da Asociación Sociocultural ASCM para coñecer todos os detalles do manexo dunha cadeira de rodas.


Cartaz da colaboración de ASCM e UDC.

A ASCM converteuse, na tarde de hoxe, nun aula improvisada para alumnado e profesorado da Escola de Deseño Industrial do Campus de Ferrol. A presidenta, Paula Gárate Formoso, e a equipa de voluntariado inclusivo da entidade compartiron cós máis de 30 asistentes todos os detalles sobre cuestións relativas a tipoloxías, manexo e mantemento das cadeiras de rodas. Ademais, puideron constatar, en primeira persoa, as
barreiras arquitectónicas ás que deben enfrontarse as persoas con mobilidade reducida no seu día a día.

Alumnos da EUDI testando o uso das cadeiras de rodas.


A acollida da iniciativa foi moi positiva para ambas entidades. O alumnado amosouse moi participativo e o encontro viuse enriquecido polas experiencias compartidas por usuarios e voluntarios da ASCM. Esta iniciativa está enmarcada dentro do convenio de colaboración, asinado recentemente por ambos organismos, có obxectivo de trasladar ao alumnado as distintas capacidades existentes na nosa sociedade. Desde a Asociación Sociocultural ASCM considerase fundamental abogar por este tipo de sinerxias que favorezan  a concienciación e sensibilización da cidadanía no seu conxunto. Dentro deste marco de actuación, o colectivo estudantil é prioritario e, especialmente, a área de deseño industrial polo futuro papel que desenvolverán na construción e planteamento dunha sociedade máis accesible.

Durante a explicación sobre o uso e manexo de cadeiras de rodas.

Este tipo de propostas son de carácter aberto a outros organismos e agrupacións. Todas aquelas institucións e colectivos interesados en achegar a iniciativa “Xente!!, Senta e Sente” ao seu ámbito de actuación, poden poñerse en contacto coa entidade a través do teléfono 981 35 14 30 ou do mail comunicacionascm@gmail.com.

Repercusión en medios:

  • Diario de Ferrol, 2019-10-17 "Alumnos de la Escuela de Deseño Industrial visitan hoy las instalaciones de la ASCM"























No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog