miércoles, 8 de enero de 2020

Volta inclusiva ás clases da man do curso de informática da ASCM


  • Hoxe a ASCM deu comezo ao seu curso de informática e novas tecnoloxías, na sede de Ferrol, grazas á financiación da Consellería de Política Social e Benestar da Xunta de Galicia.
                        Alumnas e alumnos na presentación do curso.
A ASCM inaugurou hoxe o curso de informática e novas tecnoloxías "Conéctate ASCM" que, se prolongará até o vindeiro 8 de abril, e conta coa financiación da Consellería de Política Social e Benestar da Xunta de Galicia. As clases son de carácter gratuíto e se impartirán en horario de mañá (9.30 h.-13-30 h.) e de tarde (16.00- 20.00 h.), de luns a venres, para adaptarse ás necesidades e dispoñibilidade das persoas usuarias.
                 Alumnas e alumnos na presentación do curso.

O obradoiro será impartido na Sede da ASCM na cidade de Ferrol (Rúa San Roque e Ánimas 18-19, bloque 2) e a principal finalidade do mesmo é rachar coa fenda dixital existente entre o colectivo de persoas con discapacidade. Estamos inmersos na era da información e da comunicación, nunha sociedade en rede onde o manexo das novas ferramentas resulta fundamental para comunicarse, realizar trámites administrativos da vida cotiá, etc.

Desde a ASCM realizamos unha forte aposta pola innovación para tratar de acadar un maior grao de empregabilidade e inclusión do colectivo na sociedade. O temario incluirá unha importante presencia do correcto emprego dos teléfonos móbiles intelixentes (smartphones) que facilitan a vida de moitas persoas con apps de lingua accesible, especializadas en accesibilidade nas cidades, etc,; alertando, a un tempo, dos riscos existentes na rede, en materia de estafas, sobreexposición, dereito a imaxe. 

Esta iniciativa forma parte da área da entidade de emprego e formación na que, cada ano,  ASCM oferta de diferentes obradoiros e cursos que posibiliten ás persoas usuarias mellorar competencias tranversais que lles permitan un maior grao de autorrealización e inclusión na sociedade na que desenvolven o seu día a día. Aquelas persoas interesadas en recibir máis información, poden facelo no 981 35 14 30 ou no mail ascm.ferrol@ascmferrol.com. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog