- ASCM recibiu da Fundación Banco Santander 5.000 euros que permitiron a adquisición de dúas scooters eléctricas por parte da entidade.
A presidenta da ASCM, Paula Gárate Formoso, amosou hoxe a Luis Pernas, director territorial de institucións do Banco Santander, as dúas scooters eléctricas que a entidade puido adquirir grazas á concesión dunha subvención ofrecida, precisamente, pola Fundación Santander, que outorgou á ASCM a cuantía de 5.000 euros para renovación de material; permitindo, así, mellorar a mobilidade das persoas usuarias.
Hoxe quedou formalizada esta colaboración, entre organismos, coa visita do representante do Santander á Sede da ASCM para poder coñecer, de primeira man, as instalacións e o equipo adquirido, pola entidade, grazas á súa aportación económica. Luis Pernas, representante do Santander, fixo entrega a presidenta, Paula Gárate, dun cheque para facer efectivo o compromiso adquirido pola Fundación Santander.
Luis Pernas entrega el cheque de 5000 euros a Paula Gárate. |
A ASCM leva máis de 30 anos traballando a prol do colectivo de persoas con discapacidade, con especial fincapé na accesibilidade universal e na mellora da mobilidade. As scooters adquiridas permitirán a entidade ampliar a oferta de servizos de préstamo a persoas usuarias e asociadas.
Repercusión en medios:
Repercusión en medios:
- La Voz de Galicia, 9-01-2020: "Unos magníficos Reyes Magos".
- Diario de Ferrol. 9-01-2020:"La ASCM incorpora motos adaptadas e inicia un curso de informática".
No hay comentarios:
Publicar un comentario