Mostrando entradas con la etiqueta comunidad. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta comunidad. Mostrar todas las entradas

jueves, 2 de enero de 2020

Derradeiro día para recoller o pack de libros ASCM, sorteado pola entidade en Facebook

  • Pili Pego, Cristina Porcel e Begoña M. García resultaron gañadoras do sorteo de 3 packs de libros da ASCM en Facebook.
Cristina Porcel, posa co seu exemplar de libros.



Hoxe é o derradeiro día para que as gañadoras do sorteo de ASCM: Pili Pego, Cristina Porcel e Begoña M. García, pasen a recoller na Sede da ASCM (San Roque e Ánimas 18-19, bloque 2) os seus packs de libros de "Cenx100" e "O que o ollo sente"  ao resultar gañadoras do sorteo de facebook, organizado pola ASCM para celebrar coa súa comunidade online o comezo do 2020.

                                   Gañadora dun pack de libros ASCM.



 O sorteo foi realizado entre todas aquelas persoas  que ás 00.00 h do día 1 de xaneiro tiveran cumpridos os requisitos recollidos nas bases (ser seguidor da páxina, darlle a "me gusta á publicación" e nomear a alguén a través dun comentario). A través da aplicación sortea2.com realizouse, de xeito telemático, a elección aleatoria das persoas gañadoras.



                           Gañadora dun pack de libros da ASCM.



O agasallo inclúe un exemplar do libro "Cenx100", editado coa colaboración da Consellería de Política Social e Benestar e que conta con fotografías do artista Manuel Patinha. Nesta obra, a entidade, recolle as vicencias de máis dun centear de centenarios galegos. Asimesmo, o sorteo, inclúe un libro de "O que o ollo sente", unha aposta de Manuel Patinha, por inmortalizar o día a día desde o ollar do colectivo de persoas con discapacidade.


                               Gañadora do pack de libros da ASCM.

Desde ASCM queremos comezar o ano fomentando prácticas tan saudables coma a da lectura e, non hai mellor xeito de facelo que con dúas obras realizadas con todo o mimo do mundo por parte da nosa entidade.

Este sorteo deu comezo o 18 de decembro e os resultados serán comunicados a través das redes sociais, o noso servizo de Whatsapp "ASCMÓVIL" e de xeito directo ás 3 persoas gañadoras.

Noraboa as gañadoras!


miércoles, 18 de diciembre de 2019

ASCM comezará o 2020 agasallando IncLUSIÓN co sorteo en Facebook de 3 packs de libros


  • "Cenx100" e "O que o ollo sente" forman parte dos 3 packs que ASCM sorteará a través da súa páxina de facebook, o vindeiro 2 de xaneiro.
             Esquema indicacións participación no sorteo da ASCM.

ASCM quere comezar o ano 2020 facendo partícipe á súa comunidade online e recoñecendo a colaboración na visibilización do colectivo, exercida polas seguidoras/es da páxina oficial da entidade en Facebook. Como mostra de cariño e gratitude, ASCM, pon en marcha un sorteo, a través da páxina  de Facebook, no que as persoas participantes poderán obter un pack de dous libros moi especiais para a ASCM: "Cenx100" e "O que o ollo sente" que foron editados grazas á colaboración da Consellería de Política Social e Benestar da Xunta de Galicia e que, por suposto, levan o sello de ASCM, así coma do artista Manuel Patinha.

A entidade sorteará un total de 3 packs de libros, que inclúen un total de 2 libros cada un (1 exemplar de "Cenx100" e un exemplar de "O que o ollo sente"). As persoas gañadoras serán anunciadas, a través de redes sociais, o vindeiro xoves 2 de xaneiro, para poder comezar o ano cunha rutina tan sá como a lectura, especialmente, con tinturas sociais.

       Imaxe dos 3 packs de libros que a ASCM sortea en Facebook.


O procedemento para participar é moi sinxelo: todas aquelas persoas que desexen optar ao agasallo, deberán seguir as seguintes instrucións para formalizar a súa participación no sorteo.

1. Deberán mencionar a algún dos seus amigos na publicación de Facebook na que se presenta o sorteo e da que deixamos unha ligazón de acceso directo: Enlace Publicación Sorteo ASCM.
2. Deberán darlle like a dita publicación.
3. Deberán facerse seguidores da páxina oficial de Facebook da ASCM. Á que se poderá acceder facendo click aquí: Páxina de Facebook ASCM.

Todas aquelas persoas que ás 00.00 h do día 1 de xaneiro tiveran cumpridos os requisitos recollidos nas bases, pasarán a formar parte do sorteo que se realizará de xeito telemático, durante a mañá do xoves 2 de xaneiro, e que se dará a coñecer antes do peche da entidade, na mesma data, ás 13.30 h.

Cada participante poderá optar a un pack de libros, quedando automáticamente excluido do sorteo dos packs restantes unha vez resulte gañador dun deles.

 As persoas gañadoras dos packs de libros, poderán pasar a recoller o agasallo á sede da ASCM, Rúa San Roque e Ánimas, Bloque 2 (Baixos 18-19), a partires do momento da notificación do premio, en horario de oficina, de luns a venres (9.30 a 13.30 h ou de 16.00 a 20.00 h), AO LONGO DO MES DE XANEIRO.

En caso de que a/as persoa/s gañador/sa, non teñan posibilidades de desprazamento ao punto de recollida, ASCM, non asumirá os custos de facer o envío do agasallo por correo; tendo que asumir o particular, en caso de estar interesado, os gastos derivados de envío e xestión do paquete ao seu domicilio.


ASCM fará público o resultado do sorteo, a través das súas redes socias e do presente blog informativo, e manterá contacto privado e directo, mediante o chat de Facebook, coas persoas gañadoras coa finalidade de notificarlles persoalmente o resultado de dito sorteo.

Desde ASCM queremos anivarvos a todas/os a que participedes desta iniciativa online coa que queremos celebrar convosco o comezo dun novo ano de retos e traballo, en favor do colectivo de persoas con discapacidade, tal e como levamos facendo desde 1987.


Sorte!