miércoles, 18 de diciembre de 2019

ASCM comezará o 2020 agasallando IncLUSIÓN co sorteo en Facebook de 3 packs de libros


  • "Cenx100" e "O que o ollo sente" forman parte dos 3 packs que ASCM sorteará a través da súa páxina de facebook, o vindeiro 2 de xaneiro.
             Esquema indicacións participación no sorteo da ASCM.

ASCM quere comezar o ano 2020 facendo partícipe á súa comunidade online e recoñecendo a colaboración na visibilización do colectivo, exercida polas seguidoras/es da páxina oficial da entidade en Facebook. Como mostra de cariño e gratitude, ASCM, pon en marcha un sorteo, a través da páxina  de Facebook, no que as persoas participantes poderán obter un pack de dous libros moi especiais para a ASCM: "Cenx100" e "O que o ollo sente" que foron editados grazas á colaboración da Consellería de Política Social e Benestar da Xunta de Galicia e que, por suposto, levan o sello de ASCM, así coma do artista Manuel Patinha.

A entidade sorteará un total de 3 packs de libros, que inclúen un total de 2 libros cada un (1 exemplar de "Cenx100" e un exemplar de "O que o ollo sente"). As persoas gañadoras serán anunciadas, a través de redes sociais, o vindeiro xoves 2 de xaneiro, para poder comezar o ano cunha rutina tan sá como a lectura, especialmente, con tinturas sociais.

       Imaxe dos 3 packs de libros que a ASCM sortea en Facebook.


O procedemento para participar é moi sinxelo: todas aquelas persoas que desexen optar ao agasallo, deberán seguir as seguintes instrucións para formalizar a súa participación no sorteo.

1. Deberán mencionar a algún dos seus amigos na publicación de Facebook na que se presenta o sorteo e da que deixamos unha ligazón de acceso directo: Enlace Publicación Sorteo ASCM.
2. Deberán darlle like a dita publicación.
3. Deberán facerse seguidores da páxina oficial de Facebook da ASCM. Á que se poderá acceder facendo click aquí: Páxina de Facebook ASCM.

Todas aquelas persoas que ás 00.00 h do día 1 de xaneiro tiveran cumpridos os requisitos recollidos nas bases, pasarán a formar parte do sorteo que se realizará de xeito telemático, durante a mañá do xoves 2 de xaneiro, e que se dará a coñecer antes do peche da entidade, na mesma data, ás 13.30 h.

Cada participante poderá optar a un pack de libros, quedando automáticamente excluido do sorteo dos packs restantes unha vez resulte gañador dun deles.

 As persoas gañadoras dos packs de libros, poderán pasar a recoller o agasallo á sede da ASCM, Rúa San Roque e Ánimas, Bloque 2 (Baixos 18-19), a partires do momento da notificación do premio, en horario de oficina, de luns a venres (9.30 a 13.30 h ou de 16.00 a 20.00 h), AO LONGO DO MES DE XANEIRO.

En caso de que a/as persoa/s gañador/sa, non teñan posibilidades de desprazamento ao punto de recollida, ASCM, non asumirá os custos de facer o envío do agasallo por correo; tendo que asumir o particular, en caso de estar interesado, os gastos derivados de envío e xestión do paquete ao seu domicilio.


ASCM fará público o resultado do sorteo, a través das súas redes socias e do presente blog informativo, e manterá contacto privado e directo, mediante o chat de Facebook, coas persoas gañadoras coa finalidade de notificarlles persoalmente o resultado de dito sorteo.

Desde ASCM queremos anivarvos a todas/os a que participedes desta iniciativa online coa que queremos celebrar convosco o comezo dun novo ano de retos e traballo, en favor do colectivo de persoas con discapacidade, tal e como levamos facendo desde 1987.


Sorte!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog