martes, 20 de abril de 2021

ASCM cerró, este fin de semana, su gira SporTodxs Galicia

 A entidade recalou en Ourense, Melide e Redondela nesta fin de xira


                            A entrega de premios en Redondela.


A Asociación Sociocultural ASCM, que traballa desde hai máis de 30 anos pola plena inclusión das persoas con discapacidade, remata, esta fin de semana, a súa xira de visibilización da diversidade no Camiño de Santiago. SporTodxs Galicia é unha iniciativa de ASCM, enmarcada no programa de O teu Xacobeo da Xunta de Galicia. A entidade recalou, esta fin de semana, en Ourense, Melide e Redondela



SporTodxs Sobre Rodas está englobado dentro da proposta orixinal da Asociación Sociocultural ASCM, SporTodxs_Galicia. A entidade comezou o tour nas cidades de Pontedeume, Sarria e Vilaba e visitou, asimesmo, Cee e Padrón e remata, o percorrido, en Ourense, Melide e Redondela. A través dun plató itinerante invitaron á cidadanía a participar de distintas actividades que sensibilizan sobre a realidade das persoas con diversidade funcional cós distintos camiños coma fío condutor.



Asemade, ASCM fixo entrega, en cada unha das localizacións visitadas, dos premios SporTodxs XacobIN nas categorías de debuxo e audiovisual, ás persoas e agruàcións gañadoras. En Ourense, levou o galarón, Mauro da escola Atelier, pola súa proposta de mascota XacobIN; en Melide, as gañadoras foron as rapazas de Scene Ballet, pola súa coreografía inclusiva, e, en Redondela, Carla acadou a distinción polo seu debuxo sobre a discapacidade.


Repercusión en medios:












  • 2021-04-19, Diario de Ferrol, "La Asociación Sociocultural ASCM finaliza en Redondela su evento xira SporTodxs Galicia"



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog