lunes, 29 de marzo de 2021

A xira SporTodxs Galicia de ASCM recalou en Cee e Padrón

 

A entidade ferrolá continúa  a súa xira SporTodxs Sobre Rodas que visibilizou a diversidade no camiño en Cee e Padrón


                                                               Autoridades no acto de Cee.



A Asociación Sociocultural ASCM, que traballa desde hai máis de 30 anos pola plena inclusión das persoas con discapacidade, continuou, esrta fin de semana, a súa xira de visibilización da diversidade no Camiño de Santiago. SporTodxs Galicia é unha iniciativa de ASCM, enmarcada no programa de O teu Xacobeo da Xunta de Galicia. Cee e Padrón foron as paradas nas que recalou a furgoneta SporTodxs Sobre Rodas. A entidade estivo, pola mañá, de 11.00 a 13.00 h, na Praza 8 de Marzo de Cee e de 17.00 h a 19.00 h, na rúa Tetuán, ao carón do parque infantil, en Padrón.



SporTodxs Sobre Rodas está englobado dentro da proposta orixinal da Asociación Sociocultural ASCM, SporTodxs_Galicia. A entidade comezou o tour nas cidades de Pontedeume, Sarria e Vilaba e visitará, asimesmo, Melide, Ourense e Redondela. A través dun plató itinerante invitarán á cidadanía a participar de distintas actividades que sensibilicen sobre a realidade das persoas con diversidade funcional cós distintos camiños coma fío condutor.



Asemade, ASCM fixo entrega, respectivamente, dos premios aos escolares participantes nos concursos de debuxo e vídeo XacobIN, organizados pola entidade no marco de SporTodxs Galicia. A iniciativa contou có apoio das corporacións municipais de Cee e Padrón que participaron, tamén, do acto de entrega.





No caso de Cee, a entrega contou coa presenza da alcaldesa, Margarita Lamela e de Ildefonso de la Campa, en representación da Xunta de Galicia. Os premios foron, neste caso, cortesía da Asociación de Empresarios de Cee. As 17.30 h. foi a quenda da entrega de galardóns en Padrón, con agasallos aportados polo propio concello. Estivo presente a concelleira de cultura, Lorena Couso.


                             Entrega do premio ao CEIP Santa María do Castro, Padrón.

Repercusión en medios:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog