ASCM recibiu fondos, a través da convocatoria FOAXE-P de Deputación da Coruña, para sufragar o servizo de mantemento do transporte adaptado.
Usuario facendo uso do Servizo de Transporte.
A Deputación da Coruña colabora coa ASCM, a través da convocatoria FOAXE-P, no mantemento do servizo de transporte adaptado da entidade. Unha achega de 15.632,67 euros que, neste 2020, permitirán sufragar gastos derivados da posta a punto, mantemento dos vehículos, persoal, etc. que ASCM emprega para facilitar a mobilidade do colectivo de persoas con discapacidade na provincia de A Coruña
Esta axuda permite, asimesmo, sufragar custos derivados do desprazamentos de persoas usuarias para a realización de actividades propias da ASCM na provincia da Coruña. Nesta mesma liña, os convenios de colaboración suscritos cós concellos de Ferrol e Narón contemplan unha partida para cubrir parte dos custos de desprazamento de persoas usuarias, pertencentes ás súas respectivas áreas de influenza xeográfica, derivadas, fundamentalmente, dos Servizos Sociais.
Grazas a este tipo de contribucións, ASCM, tenta dar cobertura de transporte adaptado a todas aquelas persoas con mobilidade reducida que se vexan condicionadas polas súas características a non poder utilizar transporte público ou que non teñan a posibilidade de ser atendidas por outros medios de transporte adaptado, fomentando a participación activa nas actividades sociais e mellorando así a súa calidade de vida.
A concienciación sobre a importancia da accesibilidade universal, por parte das administacións, é chave para poder seguir avanzando na consecución da plena inclusión.
Repercusión en medios:
- El Boletín, 2020-10-27 "Deputación da Coruña colabora con ASCM no seu servizo de transporte adaptado".
No hay comentarios:
Publicar un comentario