- Tralo bando municipal publicado onte polo concello de Ferrol quedan suspendidas as actividades deportivas non profesionais
As clases de tiro con arco inclusivo, organizadas polo clube ADM, quedan aprazadas pola situación sanitaria en Ferrol. Trala publicación dun bando municipal, por parte da corporación local, quedan suspendidas temporalmente as actividades deportivas non profesionais.
As clases, que xa se estaban a realizar en grupos reducidos, poderán retomarse, presumiblemente, o vindeiro 10 de novembro. Todo dependerá, en definitiva, da evolución da incidencia da COVID na área sanitaria de Ferrol.
Desde ASCM queremos lembrar que a prudencia e o rigoroso cumprimento das medidas, adoptadas polas administracións e autoridades sanitarias, son fundamentais para dobregar a curva desta segunda onda da pandemia. O sentidiño salva vidas. Deámoslle á diana da responsabilidade colectiva e voltaremos ás actividades con máis forza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario