viernes, 30 de octubre de 2020

ASCM asina un convenio de colaboración có concello de Fene

 Ambos organismos formalizan a súa colaboración na iniciativa de acompañamento telefónico 




Desde o pasado abril, ASCM e concello de Fene colaboran na iniciativa de acompañamento telefónico “Fóra Soidade” para evitar o illamento da poboación especialmente vulnerable. Esta mesma mañá asinaron un convenio de colaboración para formalizar e dar continuidade á iniciativa. 


Tralo acordo, a equipa de Voluntariado Inclusivo de ASCM, será a encargada de realizar as chamadas que lle sexan derivadas por Servicios Sociais do Concello de Fene. Esta iniciativa, iniciada durante o confinamento total da poboación, busca evitar que as persoas maiores sintan soidade pola situación de illamento que está a provocar a pandemia da COVID-19. 

“Fóra Soidade” continúa a ter persoas demandantes, na actualidade, o que pon de manifesto o reto demográfico ao que nos enfrontamos. Numerosas persoas de idade avanzada atópanse soas nos seus fogares; precisando de acompañamento e inclusión social. O concello fenés aposta, así, por promover accións de carácter interxeneracional que potencien a participación dos nosos maiores na vida social. 


ASCM ven incorporando o envellecemento activo e a interxeneracionalidade a tódalas súas actividades, de xeito transversal. Esta colaboración permitirá á entidade do terceiro sector seguir a implementar os seus valores de inclusión noutras esferas da vida.


Repercusión en medios:


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog