martes, 26 de noviembre de 2019

ASCM engánchase ao voluntariado coa Dirección Xeral de Voluntariado no Campus de Ferrol

  • Voluntarias e voluntarios da ASCM acompañan a Cristina Pichel para promver o Voluntariado no Campus de Ferrol.
Voluntarios da ASCM no bus de Engánchate ao Voluntariado.



As voluntarias e Voluntarios da ASCM acompañaron esta mañá á Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cristina Pichel, na iniciativa de promoción do voluntariado entre a comunidade universitaria. Baixo o lema Engánchate ao Voluntariado, un autobús azul percorrerá distintos puntos da xeografía galega para fomentar a cooperación e informar sobre os distintos programas que a Xunta ten en funcionamiento. Esta mañá estiveron nas inmediacións do campus de Enfermería e Podoloxía de Ferrol e, pola tarde, estararán na Politécnica de Serantes. É o comezo dun roteiro que continuará nos próximos días.

Cristina Pichel junto a Voluntaria de la ASCM.


Desde ASCM queremos poñer en valor a peza chave que constitúen todas a persoas voluntarias que colaboran diariamente no traballo desenvolvido pola ASCM, en materia de inclusión social. A entidade ven realizando voluntariado de carácter inclusivo, formado por persoas voluntarias con e sen descapacidade. Un xeito de promover a colaboración e autorrealización das persoas participantes. A colaboración da asociación ferrolana coa administración autonómica, neste tipo de proxectos, presenta gran constancia e miras cara ao futuro.

Repercusión en medios:




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog